Poemas bestas e outros bechos

Bilbao, Leire Mutuberria, Maite Traducción: Isaac Xubín

Despois do éxito de «Bechopoemas», chega esta segunda parte protagonizada por máis criaturas que voan, nadan, reptan e ruxen ao ritmo dos versos.

«Poemas bestas e outros bechos» é o poemario irmán maior de «Bechopoemas e outras bestas» (KALANDRAKA), galardoado co Premio Euskadi de Literatura 2017, o Premio Kirico 2019 ao Mellor Libro Infantil e Xuvenil, e o 3º Premio Nacional aos Libros Mellor Editados 2019 na mesma. Xuntos forman unha proposta poética global na que esta segunda parte dá un paso máis elevando o nivel de lectura. Os protagonistas volven a ser criaturas que habitan na terra, na auga e no aire. A rima lúdica e o ritmo pegadizo destas composicións invitan a ser recitadas e cantadas colectivamente, en familia ou nas aulas. Estes versos adaptados polo tradutor Isaac Xubín destacan pola súa musicalidade, as onomatopeas e os xogos de palabras a base de diálogos poéticos, concatenacións, acrósticos, repeticións e outros recursos literarios. A diversión e o sentido festivo da poesía están servidos nestas páxinas, que tamén presentan aspectos da vida cotiá con imaxinación, enxeño e sentido do humor.

As ilustracións son un insólito e original colaxe con aplicacións de papel, tipografías, fotos, pegadas dactilares, manchas de intenso colorido que contrastan co bitono predominante, debuxos e borranchos elaborados con lapis de cores que transforman e descontextualizan os obxectos ata extremos surrealistas. Son imaxes de contido simbólico que contribúen a que as lectoras e os lectores desenvolvan a súa creatividade e mesmo participen do proceso artístico deste peculiar bestiario.
Leer más
Leer menos
16,00 €

Otros idiomas:

Libros relacionados