Os de arriba e os de abaixo

Valdivia, Paloma Traducción: Manuela Rodríguez

Onde che gustaría vivir, arriba ou abaixo? Unha historia sinxela e orixinal para ler do dereito e do revés, do revés e do dereito...

Este álbum destaca pola sinxeleza e orixinalidade da súa proposta narrativa e estética. Parte da concepción do mundo ao revés, dunha especie de reflexo da realidade nunha dimensión paralela. Lonxe de imaxinar que practican estilos de vida diferentes ou antagónicos, a formulación consiste en que son mundos que conviven, comparten costumes e se complementan, coa única diferenza de que os acontecementos transcorren en planos opostos... que se se dobran, poden atoparse e coincidir. Un álbum para ler do dereito ou do revés, a gusto do lector; ideal para compartir a dúas bandas. As ilustracións preséntannos unha peculiar veciñanza, con personaxes de formas básicas, escenas simétricas, cores suaves e cálidas que xogan cos contrastes.
Leer más
Leer menos
14,00 €