Oh!

Un libro sen palabras e con páxinas despregables para coñecer a arte e descubrir que unha pipa non sempre é unha pipa, nin unha mazá, nin un zapato…

«Oh!» é un libro sen texto que os especialistas en Literatura Infantil e Xuvenil consideran unha obra de referencia. Xoga cos dobres sentidos, as adiviñas visuais e, como Magritte, ensínanos que “una pipa non sempre é unha pipa”. As súas páxinas amosan imaxes independentes -aínda que relacionadas entre si- establecendo unha estrutura encadeada, polo que pode converterse nun conto circular. As súas páxinas son despregables, de xeito que a primeira coa seguinte presenta unha ilustración; pero ao abrir esta última, fórmase outra figura distinta. Xorde así un xogo entre o que se ve e o que se agocha, o que parece algo pero transfórmase noutra cousa diferente... A esta proposta imaxinativa e sorprendente engádese unha colección de ilustracións facilmente recoñecibles que destacan polo seu carácter descritivo.

Tratándose dun libro para todas as idades, resulta especialmente atractivo para pre-lectores e primeiros lectores, xa que permite realizar un exercicio libre de narración mentres os máis cativos tratan de adiviñar que debuxos se ocultan detrás de cada páxina.

O resultado é que as niñas e os nenos identifican as imaxes, Asómbranse e sorpréndense -de aí o título- ao descubrir a parte descoñecida de cada unha, aprenden a secuencia e mais a dirección da lectura narrativa e visual, ao tempo que desenvolven a imaxinación.
Leer más
Leer menos
16,00 €