O segredo de Avó Oso
Nin nas árbores, nin nas tobeiras, nin na lagoa... Tanto gardou un segredo que, cando Avó Oso esperta do seu letargo invernal, non é quen de atopalo.
O bosque é o nevado escenario onde se atopan Mamá Corvo e Avó Oso, que interrompeu o seu letargo invernal, incapaz de lembrar onde agochou un segredo. Non está entre as árbores, nin no tobo, nin na lagoa… e a inseguridade da dúbida faino sentirse vulnerable. O misterio envolve esta fermosa obra narrativa na que a natureza é un personaxe máis; unha natureza humanizada pola poética do texto de Pedro Mañas, con metáforas que acentúan o ton descritivo da historia.
Zuzanna Celej sorprende cunhas chamativas ilustracións a base de lapis de cor, acuarela e apliques de papel de diferentes texturas. O resultado é unha atmosfera máxica e serena onde os espazos e os protagonistas son representados con sutil expresividade e realismo. Con diversidade de planos e encadres que acentúan o dinamismo do relato, son imaxes cheas de contrastes de luz e de sombras, e nas que o colorido vai gañando presenza a medida que se desvela o segredo de Avó Oso.

Otros idiomas:
Colección: Obras de autor/a
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 40
Tamaño: 18,5 x 25,5
ISBN: 978-84-8464-426-2