O paseo de Rosalía

Hutchins, Pat Traducción: Silvia Pérez Tato

Nunca un paseo foi á vez tan pracenteiro e tan arriscado. Cruzando a granxa, un raposo axexa a galiña Rosalía pero, tan torpe e desafortunado, que todos, menos os propios protagonistas, riremos con tantas peripecias..

“O paseo de Rosalía” é un clásico de 1968 que sempre estará vixente: cunha proposta estética vangardista de liñas sinxelas e cores de ton ácido, destaca polo seu alto contido visual. O texto son unhas breves frases encadeadas e acompañadas de imaxes descritivas que, ademais, complementan graficamente o relato. Amosa así dous niveis de lectura, cunha estrutura circular: o paseo da galiña Rosalía, e o accidentado e humorístico axexo ao que a somete un raposo que a persegue, sen que ela se decate do perigo.
Leer más
Leer menos
15,00 €