O conto do outro día
Ese máxico momento familiar antes de durmir condensa o amor incondicional e o pracer compartido de deixar voar a imaxinación.
Un vínculo a través da palabra, que calma e sana: a chave de acceso a soños felices.
«O conto do outro día» representa o amor incondicional aos fillos a través dun tenro diálogo -na escuridade do cuarto, pouco antes de durmir- do que se desprende a capacidade dos nenos para conseguir que a persoa adulta recupere, da súa etapa infantil pasada, a emoción e a fantasía perdidas. Moitas familias identificaranse con esta estampa nocturna, agardando a que os máis pequenos da casa queden vencidos polo sono. Dende o punto de vista infantil destaca a busca da protección do adulto, que calma o medo á noite, ao silencio, á soidade e ao descoñecido; a presenza física e a voz enchen ese baleiro. Tamén se plasman os continuos “por que” das nenas e dos nenos que expliquen o mundo que os rodea, redundando na seguridade buscada y reforzándoa a través da repetición, que os afasta da incertidume e da desprotección fronte a unha contorna cambiante e insegura.
Pedirlles aos maiores que lles conten contos calma eses temores. A voz afectuosa que relata unha historia para durmir -endexamais é substituíble por un aparello electrónico- preséntase como un vínculo fundamental na relación materno/paterno-filial.
Nunha sorte de exercicio metaliterario, este pai cóntalle ao seu fillo un conto no que imaxina que ambos son animais: canguros, águias, esquíos… con Noemí Villamuza ilustrando fermosas escenas familiares de cores e trazos suaves. Saltan, comen, voan, báñanse, acaríñanse, xogan ou desenvolven accións que entusiasman o cativo, con entrañables intervencións espontáneas nas que el puntualiza, suxire ou engade emoción a unha narración na que o pai se involucra cada vez máis. «O conto do outro día» non deixa de ser o mesmo conto de sempre, que calma e sanda; a chave de acceso a soños felices.

Otros idiomas:
Colección: Obras de autor/a
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 32
Tamaño: 22 x 22
ISBN: 978-84-1343-022-5