Ninguén coma min [Autobiografía dun tirano]
Os delirios de grandeza dun ditador, a egolatría e o afán de perpetuación nunha metáfora -máis real do que parece- sobre os abusos do poder.
Ficción e realidade superpóñense nesta metáfora sobre o poder que, a través da figura dun porco, presenta a un tirano que repasa a súa traxectoria vital. O protagonista enxalza o seu carácter único no mundo, facendo da diferenza non un trazo integrador, senón elitista. A súa linguaxe e o seu ton é petulante, propio dun ser engreído, frío e egoísta. A súa ausencia de empatía cara aos súbditos obrigados a renderlle submisión, de carácter ególatra, o seu desprezo pola cultura, cunha mentalidade enfocada a considerarse o centro do universo e o seu convencemento de que todos os adiantos e comodidades son para o seu beneficio particular, convérteno no perfil do perfecto megalómano. Impermeable ás críticas, calquera opositor é condenable e saberse odiado potencia os seus delirios de grandeza e a súa crenza de que é invencible.
Un inesperado final dálle un xiro rotundo á percepción lectora: tanta grandilocuencia convértese en trivial anécdota ao revelarse a identidade do insolente personaxe.
As ilustracións, figurativas, cun hábil tratamento cromático e de gran detallismo técnico, xogan co simbolismo dos personaxes -ratas, raposos, monos, voitres- e destacan pola agresividade das escenas humanizadas.

Otros idiomas:
Colección: Álbum ilustrado
Edad recomendada: A partir de 6 años
Páginas: 36
Tamaño: 21,5 x 28,5
ISBN: 978-84-8464-834-5
Premios : MENCIÓN DO XI PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DE ÁLBUM ILUSTRADO