Nicomedes o pelado

A súa espléndida cabeleira converteuse nunha cabeza pelada. Pero Nicomedes atopou insólitas alternativas á súa prematura calvicie. 

Nicomedes non atopa ningunha solución óptima para a súa prematura calvicie: a cada alternativa á frondosa cabeleira roxa que lucía, xorde un inesperado e molesto inconvinte, cada cal máis absurdo. De súpeto, comezan a subirlle á cabeza un peiteador, unha parella de bailaríns, unha avoa afeccionada á calceta… Pero afortunadamente antes de que acabe perdendo a paciencia -e o caletre-, ocórreselle unha idea moi práctica. “Nicomedes o pelado” é unha historia breve e orixinal, humorística e surrealista. Podería ter saído de calquera dos anteriores libros de relatos de Pinto&Chinto, entre os que destaca “Contos para nenos que dormen deseguida”, publicado por KALANDRAKA e seleccionado na lista The White Ravens 2011 (Munich). Pero a insólita vivencia deste simpático calvo adquire entidade propia, cunhas ilustracións moi expresivas e cheas de colorido, para contarnos que case ningún problema -nin sequera a inevitable caída do pelo- é tan importante como para non atopar unha saída máis vantaxosa e facer dun relativo ‘defecto’ unha gran virtude.
Leer más
Leer menos
15,00 €