Na cola para a arca

Papatheodoulou, Antonis Samartzi, Iris Traducción: Manuela Rodríguez

Dende Grecia, os gañadores do IX Premio Compostela volven cunha divertida homenaxe ao teatro que xoga cos dobres sentidos. Un álbum con páxinas despregables e atractivo formato.

«Na cola para a Arca» é unha homenaxe ao teatro en clave de humor que, a través dun cómico enredo, xoga cos dobres sentidos e co torrente de sensacións que provoca un malentendido. Tras «Unha última carta», os gañadores do IX Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi, volven con outra lectura divertida de pouso entrañable nun atractivo formato con páxinas despregables e unha estrutura dialogada que remite ao cómic. Dous ratos atópanse con distintas parellas de animai aos que lles escoitan falar da historia da Arca de Noé: o anuncio do diluvio e a inundación do planeta, a construción da embarcación… os ratiños avanzan entre osos, rinocerontes, pelícanos, bolboretas, xirafas, crocodilos… cada vez máis confusos, entre a incredulidade e a angustia, sobre todo cando empezan a caer as primeiras pingueiras de auga, ata que acaban descubrindo o contexto real da situación.

A proposta plástica baséase novamente na técnica da colaxe e da reciclaxe: cartóns e papeis de cores danlles forma aos protagonistas desta divertida historia, con referencias á numeración das butacas, á entradas das funcións… Os trazos de lapis e as manchas de cor recrean un escenario natural de tons suaves e completan a expresividade dos seus personaxes.
Leer más
Leer menos
16,00 €