FESTA DOS LIBROS DE PONTEVEDRA: TEREIXA CONSTENLA PRESENTA “ABRIL É UN PAÍS”

FESTA DOS LIBROS DE PONTEVEDRA: TEREIXA CONSTENLA PRESENTA “ABRIL É UN PAÍS”

Recén cumpridos 50 anos da Revolución dos Caraveis, a colección Ágora K de KALANDRAKA vén de incorporar un ensaio da xornalista estradense Tereixa Constenla titulado «Abril é un país» que, ao pouco de saír do prelo, xa suma unha segunda edición. Trátase dun traballo minucioso que, combinando a investigación documental e a entrevista a moitos dos protagonistas daquel fito, achega as lectoras e os lectores aos “heroísmos descoñecidos” dun acontecemento no que o mundo enteiro puxo a súa mirada. A autora presenta a obra o sábado 6 de xullo a partir das 18:15 horas na Festa dos Libros de Pontevedra. No encontro tamén participa un dos  protagonistas da obra, o cabo portugués José Alves Costa, que se negou a disparar aquel 25 de abril de 1974; e o coronel pontevedrés Xosé Fortes, un dos fundadores da Unión Militar Democrática.

A Revolución dos Caraveis rematou de forma incruenta cun réxime ditatorial que durante case medio século, baixo as ordes de António de Oliveira Salazar e de Marcelo Caetano, someteu o pobo portugués. O levantamento militar, liderado esencialmente polos mandos intermedios, non só veu determinado polo esgotamento da ditadura salazarista no país, senón tamén por unha política colonial minada tras décadas de abusos e golpeada polas guerras de independencia.

«Abril é un país» repasa as claves duns acontecementos que lograron derrocar un réxime opresor; unha análise indispensable do pasado de Portugal para comprender o espírito único do país veciño.

Correspondente do xornal El País en Lisboa dende xullo de 2021, Tereixa Constenla foi xefa da sección de Cultura do mesmo diario e redactora de Babelia. Antes de dedicarse ao xornalismo cultural traballou como reporteira de temas sociais en Andalucía, tanto en El País como en Ideal. Ten recibido o Premio Unicaja de Artículos Periodísticos (2013), entre outros recoñecementos. Trala publicación de «Cuaderno de urgencias» en 2021, «Abril é un país» é a súa segunda obra.

July 6 2024

Detalles

Comienzo: July 6, 2024, 6:15 PM
Fin: July 6, 2024, 7:00 PM
Dirección: Praza da Ferraría, Pontevedra

Sede

Festa dos Libros de Pontevedra

+ Google Map