FESTA DOS LIBROS DE PONTEVEDRA: MARC TAEGER ASINA “SON ANIMAL” E OUTRAS OBRAS

FESTA DOS LIBROS DE PONTEVEDRA: MARC TAEGER ASINA “SON ANIMAL” E OUTRAS OBRAS

«Son animal» é a nova obra do ilustrador Marc Taeger no catálogo dos Libros para soñar de KALANDRAKA. Protagonizado por animais domésticos e silvestres --dende a vaca ou o burro, ata a ra ou o mosquito, pasando polo can ou a cabra-- que habitan no medio rural, trátase do seu segundo libro-disco co músico Paco Nogueiras, despois de «Extra!». Marc Taeger asina estes e outros traballos na Festa dos Libros de Pontevedra, o domingo 7 de xullo dende as 12:30 horas no posto da libraría Seijas.

O encontro coas lectoras e os lectores celébrase despois do concerto no que Paco Nogueiras interpretará, a partir das 11:30 horas, unha selección de cancións. Marc Taeger tamén participa nesta presentación musical debuxando os personaxes deste novo libro-disco cheo de ritmo, colorido e humor.

Ademais, Marc Taeger dedicará exemplares doutros títulos como «O elefante que perdeu o seu ollo», un conto tradicional africano adaptado por Boniface Ofogo; «Garavanciño» e «Un máis», con textos de Olalla González; «Aquiles o puntiño», escrito por Guia Risari; «Elefante comellón», de Rafa Ordóñez; ou «Artur», de Xosé Manuel González Oli.

Afincado dende hai anos en Bueu, o artista suízo ten publicados unha ducia de libros en KALANDRAKA. Por «A verdadeira historia de Carapuchiña», recibiu o Premio Daniel Gil 2005 nas categorías de ilustración e deseño. Tamén se dedica a realizar pintura mural, escultura e animación. Expuxo a súa obra en Luxemburgo, Alemaña, China, Francia e Costa Rica, entre outros países.

July 7 2024

Detalles

Comienzo: July 7, 2024, 12:30 PM
Fin: July 7, 2024, 1:30 PM
Dirección: Praza da Ferraría, Pontevedra

Sede

Festa dos Libros de Pontevedra

+ Google Map