FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA: SINATURA DE XAVIER SEOANE

FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA: SINATURA DE XAVIER SEOANE

O escritor Xavier Seoane asinará exemplares do seu novo poemario, «A árbore desvelada», na Feira do Libro da Coruña, que se celebrará nunha nova ubicación dentro dos Xardíns de Méndez Núñez. O encontro coas lectoras e cos lectores será o sábado 2 de agosto a partir das 19:30 horas na caseta da libraría Xiada. O autor tamén dedicará «Espiral de sombras», ambos os dous publicados na colección Tambo de KALANDRAKA.

Xavier Seoane tece unha certa paisaxe afectiva e moral nas páxinas de «A árbore desvelada». En cada poema homenaxea a persoas, feitos ou lugares que tiveron algunha significación especial na súa vida. Neste sentido, son versos de agradecemento, de exaltación da felicidade ou de repudio ante acontecementos tan negativos como as guerras ou as agresións medioambientais.

Nado na Coruña, Xavier Seoane estudou Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela e foi profesor de Lingua e Literatura no IES Monelos da cidade herculina. Dende os anos 70 participou activamente na renovación cultural do país a través de iniciativas como a revista Luzes de Galiza ou o grupo De amor e desamor. A súa traxectoria literaria non só abrangue unha ampla produción poética, senón tamén ensaio, narrativa e literatura infantil-xuvenil. Ten recibido os premios de poesía Cidade da Coruña (1982) por «Iniciación e regreso», Esquío (1996) por «Umbral de vida», Caixanova (2002) por «Dársenas do ocaso» e Espiral Maior (2006) por «Para unha luz ausente».

August 2 2025

Detalles

Comienzo: August 2, 2025, 7:30 PM
Fin: August 2, 2025, 8:30 PM
Dirección: Feira do Libro da Coruña, Xardíns de Méndez Núñez

Sede

Feira do Libro da Coruña

+ Google Map