A árbore desvelada
Versos que nos levan desde o abraio ante a sensibilidade dunha figura exemplar ata a exaltación dunha feliz experiencia, sen esquecer deixar un testemuño de repudio ante os acontecementos que ensombrecen o mundo. Ilustración de cuberta: Christian García Bello
A voz deste libro entende a poesía como o labor de tecer verbas e urdir signos e sons cos vimbios esvaradíos do tempo e do aire. Isto é, á fin, o mellor que o poeta ten para dar as grazas en homenaxe e celebración de persoas, feitos ou lugares que o acompañaron e enriqueceron ao longo dos anos, deixándolle un pouso impagable.
Son versos que nos levan desde o abraio ante a obra ou a sensibilidade dunha figura exemplar ata a exaltación dunha feliz experiencia ou das vivencias que propician as viaxes. Versos que oscilan entre o ton elexíaco movido pola perda de amizades significadas na cultura do país e a nostalxia do tempo e das lembranzas que evocan os destinatarios destas composicións. Versos, ao tempo, que tampouco esquecen deixar un testemuño de repudio dos acontecementos que ensombrecen e empeoran o mundo que nos tocou vivir, dende as guerras en Gaza ou Ucraína ata a marea negra que arrasou a costa galega ou os lumes forestais.
Xorden así, nos labirintos da palabra, poemas que acaban por compoñer unha posible constelación, un vago mapa, unha certa paisaxe afectiva e moral.
