FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA: CONVERSA CON TEREIXA CONSTENLA ARREDOR DE "ABRIL É UN PAÍS"

FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA: CONVERSA CON TEREIXA CONSTENLA ARREDOR DE

Trala celebración dos 50 anos da Revolución dos Caraveis, a xornalista Tereixa Constenla segue debullando os episodios que deviron na democratización de Portugal, plasmados na obra «Abril é un país», publicada na colección Ágora K de KALANDRAKA e distinguida co Premio Follas Novas do Libro Galego 2025 na categoría de Ensaio e Investigación. Trátase dun traballo minucioso que, combinando a pescuda documental e a entrevista a moitos dos protagonistas daquel fito tan relevante na historia do país veciño, achega as lectoras e os lectores aos “heroísmos descoñecidos” dun acontecemento no que o mundo enteiro puxo a súa mirada. O sábado 9 de agosto a partir das 18:00 horas, a Feira do Libro da Coruña acollerá un encontro coa autora, que conversará co tamén xornalista Juan Oliver.

O 25 de abril de 1974 a Revolución dos Caraveis rematou de forma incruenta cun réxime ditatorial que durante case 50 anos, baixo as ordes de António de Oliveira Salazar e de Marcelo Caetano, someteu o pobo portugués. O levantamento militar, liderado esencialmente polos mandos intermedios, non só veu determinado polo esgotamento da ditadura salazarista no país, senón tamén por unha política colonial minada tras décadas de abusos e golpeada polas guerras de independencia. «Abril é un país» é unha análise indispensable do pasado de Portugal que repasa as claves duns acontecementos que lograron derrocar un réxime opresor.

Correspondente do xornal El País en Lisboa dende xullo de 2021, Tereixa Constenla foi xefa da sección de Cultura do mesmo diario e redactora de Babelia. Antes de dedicarse ao xornalismo cultural, traballou como reporteira de temas sociais en Andalucía, tanto en El País como en Ideal. Algúns dos seus artigos recibiron galardóns como o Premio Unicaja de Artículos Periodísticos (2013). Trala publicación de «Cuaderno de urgencias» en 2021, «Abril é un país» é a súa segunda obra, que foi traducida ao portugués, tamén no catálogo de KALANDRAKA.

August 9 2025

Detalles

Comienzo: August 9, 2025, 6:00 PM
Fin: August 9, 2025, 7:00 PM
Dirección: Feira do Libro da Coruña, Xardíns de Méndez Núñez

Sede

Feira do Libro da Coruña

+ Google Map