ENTREGA DO XVI PREMIO COMPOSTELA ÁS AUTORAS DE "A VISITA"

ENTREGA DO XVI PREMIO COMPOSTELA ÁS AUTORAS DE

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, preside o acto institucional de entrega do XVI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado ás autoras de «A visita», Núria Figueras e Anna Font. Tamén asistirán dous dos integrantes do xurado, o artista Xosé Cobas e a directora editorial de KALANDRAKA, Manuela Rodríguez. O certame, organizado en colaboración co Departamento de Educación do Concello de Santiago, premiou unha obra que nos axuda a reflexionar, practicar a introspección, escoitarnos, coñecernos e saber que sentimos.

Partindo das cualidades positivas do silencio, trátase dun relato delicioso, orixinal e necesario que ofrece múltiples lecturas. Non só toma pinceladas dos contos clásicos; tamén desprega un diálogo áxil e cheo de tenrura entre ambos  os personaxes e, a través dos recursos literarios que emprega, anima as lectoras e os lectores a tomar conciencia do seu mundo interior, a gozar desas sensacións, a redescubrir a súa propia esencia.

Aínda que transcorre en plena noite, as páxinas de «A visita» son luminosas e coloridas: dende un bosque de vexetación esquemática, cun cromatismo exuberante e repleto de matices, adentrámonos nun cálido tobo onde destaca a simpática figura da raposa e o trazo sinxelo co que se resolve a representación de algo tan intanxible e invisible como o silencio; un minimalismo gráfico extensible ademais a outros elementos simbólicos como os latexos do corazón e os pensamentos.

O acto contará coa actuación musical de Xavier Díaz.

November 16 2023

Xehetasunak

Hasi: November 16, 2023, 12:30 PM
Amaiera: November 16, 2023, 1:30 PM
Helbidea: Praza do Obradoiro, s/n

Sede

Pazo de Raxoi, Concello de Santiago de Compostela

+ Google Map