CULTURGAL: RECITAL POÉTICO COLECTIVO CON HELENA DE CARLOS, ORIANA MÉNDEZ E OUTRAS AUTORAS

CULTURGAL: RECITAL POÉTICO COLECTIVO CON HELENA DE CARLOS, ORIANA MÉNDEZ E OUTRAS AUTORAS

O Espazo Letras de Culturgal acolle o domingo 3 de decembro, a partir das 19:00 horas, un recital poético colectivo que vai contar coa participación de Helena de Carlos, autora de «Imago», e Oriana Méndez, tradutora -canda Tamara Andrés- da obra «As iluminacións» de Arthur Rimbaud, ambas as dúas publicadas na colección Tambo de KALANDRAKA. Este encontro literario tamén contará coas voces de Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía 2023, e de María Lado.

Helena de Carlos retornou á escrita cun poemario que parte da vivencia das dúas metamorfoses que unha muller experimenta na vida, a da pubertade e a da madurez. Son versos que, asemade, reflexionan sobre a conciencia
do cambio. Catedrática de Filoloxía Latina na Universidade de Santiago de Compostela, investigadora e poeta, a autora ten recibido o Premio da Crítica Española por «Vigo» (2007), a súa anterior obra.

Filóloga, tradutora e poeta con media ducia de títulos propios publicados, ademais de participar noutras obras colectivas, Oriana Méndez ten sido recoñecida cos premios Concello de Carral (2014), Rosalía de Castro (2019) e Afundación (2020).

December 3 2023

Detalles

Comenzo: December 3, 2023, 7:00 PM
Fin: December 3, 2023, 8:00 PM
Dirección: r/ Alexandre Bóveda, s/n. Pontevedra

Sede

Culturgal: Recinto Feiral de Pontevedra

+ Google Map