CULTURGAL: "ABRIL É UN PAÍS", CONVERSA CON TEREIXA CONSTENLA

CULTURGAL:

No ano da conmemoración do 50 aniversario da Revolución dos Caraveis, a colección Ágora K de KALANDRAKA incorporou o ensaio «Abril é un país», da xornalista e escritora estradense Tereixa Constenla, que suma xa unha segunda edición. Trátase dun traballo minucioso que, combinando a investigación documental e a entrevista a moitos dos protagonistas daquel fito histórico, achega as lectoras e os lectores aos “heroísmos descoñecidos” dun acontecemento no que o mundo enteiro puxo a súa mirada. A autora conversará en Culturgal -sábado 30 de novembro ás 13:00 horas- co xornalista cultural Ramón Rozas sobre como foi evolucionando Portugal ao longo destes anos.

O 25 de abril de 1974 a Revolución dos Caraveis rematou de forma incruenta cun réxime ditatorial que durante case 50 anos, baixo as ordes de António de Oliveira Salazar e de Marcelo Caetano, someteu o pobo portugués. O levantamento militar, liderado esencialmente polos mandos intermedios, non só veu determinado polo esgotamento da ditadura salazarista no país, senón tamén por unha política colonial minada tras décadas de abusos e golpeada polas guerras de independencia.

«Abril é un país» repasa as claves duns acontecementos que lograron derrocar un réxime opresor; unha análise indispensable do pasado de Portugal para comprender o espírito único do país veciño.

Correspondente do xornal El País en Lisboa dende xullo de 2021, Tereixa Constenla foi xefa da sección de Cultura do mesmo diario e redactora de Babelia. Antes de dedicarse ao xornalismo cultural, traballou como reporteira de temas sociais en Andalucía, tanto en El País como en Ideal. Algúns dos seus artigos recibiron galardóns como o Premio Unicaja de Artículos Periodísticos (2013). Trala publicación de «Cuaderno de urgencias» en 2021, «Abril é un país» é a súa segunda obra.

November 30 2024

Detalles

Comienzo: November 30, 2024, 1:00 PM
Fin: November 27, 2024, 1:40 PM
Dirección: Recinto Feiral de Pontevedra, rúa Alexandre Bóveda (sen número)

Sede

Culturgal, Recinto Feiral de Pontevedra

+ Google Map