BONIFACE OFOGO NA BIBLIOTECA NEIRA VILAS DE VIGO

BONIFACE OFOGO NA BIBLIOTECA NEIRA VILAS DE VIGO

«O elefante que perdeu o seu ollo» é o terceiro libro do narrador camerunés Boniface Ofogo no catálogo de KALANDRAKA, tras «O león Kandinga» e «A paso de tartaruga». Trátase de contos tradicionais africanos que veñen transmitíndose de xeración en xeración dende tempo inmemorial. A Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas de Vigo (Av. de Emilio Martínez Garrido, 21) acolle o xoves 8 de febreiro a partir das 18:00 horas un encontro co autor.

O protagonista da historia acostumaba a quitarse un ollo para xogar con el como se fose unha pelota. Un día lanzouno tan alto que acabou caendo ao río e, como non conseguía atopalo, perdeu completamente os nervios. Canto máis se axitaba, máis difícil lle resultaba encontrar o seu ollo, ata que unha nena que o observaba axudouno a dar coa solución. «O elefante que perdeu o seu ollo» aborda a importancia de manter a calma para afrontar situacións difíciles.

Boniface Ofogo procede dunha aldea do interior de Camerún. Estudou Filología Hispánica. Foi mediador intercultural no Concello de Madrid e, dende 2005, dedícase a percorrer escolas, bibliotecas e centros sociais relatando historias. É especialista en fábulas, lendas, mitos e tradicións da África negra. Ten actuado por toda España (Maratón de Contos de Guadalaxara, Fórum das Culturas de Barcelona, Festivais de oralidade de Jaca e y Elche) e numerosos países: Francia, México, Cuba, Brasil, Costa Rica, Colombia, Arxentina, Cabo Verde, Marrocos… Tamén é autor da novela «El imperio de los cautivos», primeira parte dunha triloxía que critica a figura da chamada FrançAfrique e a pervivencia dos grandes imperios.

February 8 2024

Detalles

Comienzo: February 8, 2024, 6:30 PM
Fin: February 8, 2024, 7:30 PM
Dirección: Av. de Emilio Martínez Garrido, 21. Lavadores. Vigo

Sede

Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Vigo

+ Google Map