Puberdade en marcha

Unha guía esencial para mozas e mozos que comezan a etapa da puberdade escrita con claridade e rigor, que inclúe consellos, refuta mitos e anima a facerse preguntas.

Unha guía esencial para mozas e mozos que comezan a etapa da puberdade escrita con claridade e rigor. Que é a menstruación? Que teñen que ver os cambios coa reprodución? Que é a masturbación? Estas son só tres das moitas preguntas ás que “Puberdade en marcha” dá resposta de forma clara e dinámica, incluíndo consellos, refutando mitos e animando a formularse preguntas que poder compartir con outros adolescentes. Nunha etapa vital de grandes cambios, de incertezas e confusión, este libro, escrito por tres profesionais novas comprometidas coa educación sexual integral, ofrece información cun estilo fresco e amigable, para axudarlles aos e ás adolescentes a entender o que lles está a pasar. Tamén aborda temas importantes como a toma de decisións, as relacións interpersoais, os ideais de beleza e a seguranza en Internet. As ilustracións de Martina Trach son un exemplo de como a arte pode empregarse para promover a educación e a aceptación. Ao mostrar sen filtro as partes íntimas do corpo e as diversas opcións de produtos de xestión menstrual, desmitifica estes temas e normalízaos, fomentando o desenvolvemento dunha sociedade máis inclusiva e respectuosa coa diversidade.
Leer más
Leer menos
17,00 €

Otros idiomas: