Con Tango son tres
Ocurreu no zoo de Central Park, en Nova York. Tango foi a primeira pingüín que tivo dous pais. Unha familia diferente que nada, salta, xoga no estanque e que é feliz.
«Con Tango son tres» é a historia real dunha singular parella de pingüíns de barbicha aos que o coidador do zoo de Central Park, en Nova York, Rob Gramzay, deulles a oportunidade -depositando un ovo no seu niño- de teren unha cría tras observar que chocaban infrutuosamente unha pedra. Así naceu Tango, que foi a primeira pingüín en ter dous pais. O primeiro libro infantil de Justin Richardson e Peter Parnell foi un éxito e, dende a súa publicación en 2005, recibiu moitos premios. Aínda que tamén foi censurado por sectores conservadores, contrarios aos novos modelos de familia.
A historia combina texto informativo e literario en perfecto equilibrio. As expresivas ilustracións cumpren unha función descritiva, con imaxes realistas e algunhas composicións a modo de viñetas para representar o paso do tempo.
A historia combina texto informativo e literario en perfecto equilibrio. As expresivas ilustracións cumpren unha función descritiva, con imaxes realistas e algunhas composicións a modo de viñetas para representar o paso do tempo.
Otros idiomas:
Colección: Clásicos contemporáneos
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 32
Tamaño: 22 x 27
ISBN: 978-84-8464-985-4
Premios : LIBRO INFANTIL DISTINGUIDO 2006 (ASOCIACIÓN AMERICANA DE BIBLIOTECAS)
PREMIO HENRY BERGH 2005 (SOCIEDADE AMERICANA PARA A PREVENCIÓN DA CRUELDADE CONTRA OS ANIMAIS)
MELLOR LIBRO FAMILIAR DE 2006 (NICKELODEON MAGAZINE)
MELLOR LIBRO DO ANO 2006 (PREMIOS BANK STREET COLLEGE OF EDUCATION)