Catarina, o oso e Pedro
Pedro únese a unha viaxe polo mundo chea de aventuras emocionantes. Un libro para axudar a romper barreiras físicas e amosar que o movemento faise andando... ou rodando.
Tras «Sen rumbo polo mundo, Catarina e o Oso», un novo protagonista súmase ás aventuras destes divertidos personaxes creados por Christiane Pieper. Trátase de Pedro, un neño con diversidade funcional que se desplaza en cadeira de rodas. Este libro contribúe a romper barreiras, non só físicas, senón tamén mentais, e a demostrar que o movemento faise andando... ou rodando. Porque a integración das persoas con discapacidade non só lle ataño ás políticas propias do mundo adulto, senón que a través da educación dende os primeiros anos da infancia contribúese a construír un mundo máis igualitario, solidario e rico en diversidade.
«Catarina, o Oso e Pedro» -como o título precedente- insiste en conceptos como a amizade e propón un emocionante viaxe por diversos recunchos exóticos do planeta. Tamén lles propón aos primeiros lectores xogos numéricos, espaciais e psicomotrices, recomendados mesmo para os pre-lectores.
As ilustracións destacan pola soltura dos trazos e pola representación do movemento; son imaxes suxestivas, cheas de humor e de colorido. Como a infancia da autora transcorreu nunha granxa, a presenza dos animais e o seu simbolismo é moi frecuente na súa obra.

Otros idiomas:
Colección: Obras de autor/a
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 40
Tamaño: 22 x 22
ISBN: 978-84-8464-633-4