Catarina e o oso. Sen rumbo polo mundo

Pieper, Christiane Traducción: Pepe Martínez García

O oso vagaroso ía polo mundo sen rumbo, e un día Catarina decidiu seguilo. Queres acompañalos?

Xuntos pasean a unha, dúas, tres e a catro patas... E ese paseo convértese nunha viaxe sorprendente na que Catalina e o Oso percorren o mar, a montaña, o deserto, o día e a noite. “Sen rumbo polo mundo, Catarina e o Oso” é a historia dunha amizade y un relato de aventuras que alcanza a dar a volta ao mundo dende a primeira ata a última das dúas páxinas. Unha obra que lles ofrece aos máis pequenos xogos numéricos, espaciais e psicomotrices, que a fan especialmente adecuada para primeiros lectores e mesmo pre-lectores.

Este libro ten a súa continuación coa obra titulada “Catarina, o Oso e Pedro”, na que se incorpora o personaxe dun neno con discapacidade que se despraza en cadeira de rodas. Trátase dun álbume que contribúe a romper barreiras, non só físicas, senón tamén mentais, e a demostrar que o movemento faise andando... ou rodando.
Leer más
Leer menos
14,00 €