Aquiles e a bágoa

Versos trenzados nos remuíños da memoria que condenan a fugacidade do tempo e ofrecen o antídoto da palabra, que axuda a embelecer a inevitable certeza da desaparición. Ilustración de cuberta: Amelia Palacios

A ruliña do bo amor tende ante nós, nestes poemas, unha suma de
versos trenzados nos remuíños da memoria. Volve neles a condena
á fugacidade do tempo xunto ao antídoto da palabra, que axuda a
embelecer a inevitable certeza da desaparición. Son poemas que atopan, máis alá do ton elexíaco, as arelas da reafirmación na esperanza.

Este libro mestura o lanzamento de exquisitas loairas, en tríades de arte menor, con ladaíñas de alento narrativo, inzadas de imaxespara o abraio, dos acordes máis acaídos e do ritmo xusto dos late-
xos. E fano lidando coa mala compaña de aguantar as bágoas que debilitan a heroicidade de existir.
Leer más
Leer menos
15,00 €