Pastoral americana

Roth, Philip Traducción: Fernando Moreiras

Unha das novelas máis sobranceiras da literatura norteamericana contemporánea que, a través do personaxe do Sueco Levov, cuestiona os valores da sociedade estadounidense nos anos 60, coa guerra de Vietnam como pano de fondo.

Ilustración de cuberta de MARC TAEGER

Seymour Levov, o Sueco, é o modelo para seguir por todos os rapaces xudeus de Nova Jersey. Atleta lendario no instituto, medra no seo dunha familia acomodada nos alegres anos que seguen á II Guerra Mundial. Herda a fábrica de luvas que o seu pai levantou dende a nada e casa con Dawn, ex-miss Nova Jersey. Despois do nacemento da súa filla, o matrimonio decide mudarse á morada dos seus soños, unha gran casa de pedra na idílica e tranquila comarca de Old Rimrock. A vida da familia Levov convértese desde entón nunha apracible «sinfonía pastoral» ata que, un día do ano 1968, as súas vidas cambian. O Sueco Levov verá entón como se derruba estrepitosamente todo o que o rodea. Philip Roth ofrécenos nesta novela o retrato duns personaxes que se enfrontan á máis crúa realidade no marco dunha tranquila vida cotiá. “Pastoral americana” é un relato lúcido que cuestiona os valores da sociedade estadounidense e a súa continuidade durante o conflito final dos felices sesenta, coa guerra de Vietnam como pano de fondo. Por primeira vez, en lingua galega, pódese ler un dos mestres contemporáneos da literatura norteamericana.
Leer más
Leer menos
20,00 €