Galego. Á beira do mar

Farias, Juan Cobas, Xosé Traducción: Xavier Senín e Isabel Soto

Un entrañable avó e as súas lembranzas: o mar, a terra, o amor, a familia, e o inexorable paso do tempo. O relato de toda unha vida como legado para as vindeiras xeracións.

A historia fermosa e conmovedora dun ancián que lembra a súa vida con nostalxia: paseos co seu neto, comidas inapropiadas ás agachadas do doutor, visitas á panadeira, escapadas a seu querido mar... mais tamén lembranzas románticas, divertidas e, sobre todo, longas conversas con Ela. Literatura e arte en estado puro, para todos os públicos, neste relato afectuoso, doce e melancólico que transcorre nun escenario cotiá, de xeito realista; narrado -case susurrado- con sinxeleza e tenrura, para captar a complicidade do lector. Prosa poética concisa, suxerente e evocadora, que destaca pola precisión da linguaxe que emprega e pola súa afección por describir o mundo rural e o mariñeiro.
Leer más
Leer menos
16,00 €