Cadros dunha exposición
Ocazul percorre o Museo de San Petersburgo onde contempla, ao ritmo da música de Mussorgsky, as pinturas de Hartmann. Os cuadros toman vida, facendo desta visita unha experiencia inesquecible, a medio camiño entre a realidade e a fantasía.Dirección musical de GIUSEPPE SINOPOLI
Cadros dunha exposición” é un libro-disco protagonizado por Ocazul, que nos guía polo Museo de San Petersburgo contemplando as pinturas do artista Viktor Hartmann. Acompañando o percorrido, os lectores poden escoitar a obra que Modest Mussorgsky compuxo en memoria do seu amigo, interpretada pola Filarmónica de Nova York baixo a dirección de Giuseppe Sinopoli. Fantasía e realidade danse a man neste relato que invita a espertar a curiosidade, a imaxinación; e onde os lenzos toman vida, facendo da visita ao museo unha experiencia inesquecible para os sentidos.
Con trazos delicados e cores suaves, Xosé Cobas acompaña os textos e as melodías con imaxes cheas de maxia, sutileza e elegancia. Destaca o coidado detallismo nas representacións arquitectónicas do espazo museístico e os elaborados xogos de luz.
Facendo unha recreación dos cadros orixinais, o ilustrador introdúcenos na propia dimensión pictórica das obras. E, entre lenzo e lenzo, a modo de transición ou paseo, xorde unha abstracción artística que reflicte o sentimento da música; como unha sinfonía cromática, en liña coa musical. A influencia do pintor Fernando Zóbel e as chiscadelas ao movemento romántico están presentes nesta fermosa proposta estética.

Otros idiomas:
Colección: Música
Edad recomendada: A partir de 6 años
Páginas: 48
Tamaño: 24,5 x 21,5
ISBN: 978-84-8464-935-9