Distinta
Fronte á rutina e ao mal humor, Lúa anímanos a ollar a realidade cunha ollada fresca e orixinal, a experimentar novas emocións e vivir cada día con optimismo.
A capacidade para escoitar as nubes, bambearse nas ondas do mar, aproveitar cada escintileo de luz e de cor que nos ofrece o día ou xogar coa lúa, é unha habilidade da que non todo o mundo pode gozar. Pero a protagonista deste libro é «Distinta». Outros protestan por madrugar, enfádanse nos atascos, abúrrense coa rutina ou van durmir sen ter experimentado novas emocións. A explosión cromática e o vivo dinamismo das ilustracións a dobre páxina de Sozapato envolven a lectura do breve texto que propón Beto Valencia. O lirismo do relato complétase á perfección coa poética das imaxes: metáforas visuais que espertan a imaxinación e a fantasía.
Porque a iso invítanos «Distinta» nesta obra que abrangue un día na vida da pequena Lúa: a fuxir do mal humor enfocando cada xornada con optimismo, afinar os sentidos e contemplar a realidade coa ollada fresca e orixinal, facer de cada momento unha excusa para o xúbilo e a vitalidade.

Otros idiomas:
Colección: Obras de autor/a
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 36
Tamaño: 22 x 22
ISBN: 978-84-8464-440-8
Premios : Finalista do X PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DE ÁLBUM ILUSTRADO