Man de Camelle
Unha homenaxe a Manfred Gnädinger, un artista alemán afincado en Camelle, que viviu e creou a súa obra en armonía co mar e a natureza.
Manfred Gnädinger chegou a Camelle en 1961; tiña 25 anos. Xunto ao mar e ao longo de catro décadas, construíu o seu xardín-museo ensamblando pedras e ósos, reutilizando os restos que depositaba a marea, moldeando a natureza e mesmo experimentando unha transformación persoal que forxou a súa icónica figura de solitario anacoreta. Este libro de Carmen Hermo -artífice do proxecto MAN (Mar, Arte e Natureza) e comisaria da exposición permanente na Casa do Alemán- é unha homenaxe a ese home culto, auténtico e vital, ao seu singular legado artístico. A súa obra era a súa vida; unha vida truncada o 28 de deciembre de 2002, un mes despois do desastre do Prestige e da marea negra que tinguiu de chapapote a súa obra. Carmen Hermo recrea a lapis -una das técnicas máis tradicionais- os principais episodios da súa biografía, desde o intenso azul dos seus ollos ata o círculo final que para Man representaba “o absoluto”, só superado polo punto, emblema do “espazo-ceo”. E así, de círculos e puntos encheu o seu humilde fogar.
Tras a súa morte recolléronse máis de 3.000 pezas -libros, pequenas esculturas, poemas, debuxos, autorretratos, fotografías en branco e negro- e case 2.500 libretitas nas que os visitantes deixaron a súa pegada gráfica. Quizais sen ser consciente da transcendencia das súas creacións, Man bebía das fontes do romanticismo alemán que Caspar David Friedrich e Friedrich Hölderlin plasmaron na pintura e a poesía, respectivamente. Como tampouco tería noción de ir da man doutros artistas europeos coetáneos como Nils Udo, Richard Long ou Andy Golsworthy, ou dos estadounidenses Robert Morris, Robert Smithson ou Walter de Maria. Land Art, Body Art, Installation Art, Arte Povera ou Art Brut están tamén presentes no imaxinario de Man de Camelle. Eterna e ao tempo efémera -por tanto, desaparecida en boa parte- o patrimonio cultural de Man recolleuse nunha mostra aberta no museo que leva o seu nome, inaugurado en 2015.

Colección: Arte
Edad recomendada: A partir de 8 años
Páginas: 48
Tamaño: 21 x 29,7
ISBN: 978-84-8464-437-8
Premios : PREMIO GALA DO LIBRO GALEGO ( ILUSTRACIÓN) 2019