Papagaio
Nova edición de «Papagaio», con fotografías de Maribel Longueira e versos de Luísa Villalta, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024. Unha obra comprometida e feminista.
Limiar de Eva Veiga e Francisco X. Fernández Naval
«Papagaio», unha das obras máis auténticas, críticas e con maior compromiso feminista de Luísa Villalta, volve ás librarías nunha edición renovada na que os versos da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2024 acompañan as fotografías da artista plástica Maribel Longueira. A orixe de «Papagaio» remóntase ao ano 2001, cando este barrio coruñés no que se exercía a prostitución foi derrubado por intereses especulativos. Durante o proceso de demolición, Maribel Longueira captou coa súa cámara analóxica o traballo das máquinas, o estado ruinoso dos edificios e algúns dos obxectos que quedaron entre os cascallos. Publicado por primeira vez en 2006, este libro recolle unha pequena selección dos centos de imaxes que documentan a desaparición daquel histórico enclave, ás que Luísa Villalta deulles voz a través de 19 poemas precedidos dunha pastorela de Don Denís, do século XIV.
Son composicións nas que se amosa reivindicativa, directa e rotunda fronte ao sistema depredador, mais tamén solidaria coas mulleres que habitaron aquelas rúas, vítimas da violencia patriarcal, do estigma e da hipocrisía social. A ollada lírica de Luísa Villalta tamén denuncia o abuso, o oprobio e a deshumanización que sufriron as protagonistas deste drama, uns fíos que “se confunden significativamente cos relativos á ditadura franquista e ao seu envoltorio nacionalcatólico”, como apunta Eva Veiga nun extraordinario prólogo elaborado para esta nova edición.
«Papagaio» foi unha sorte de testamento literario de Luísa Villalta e, como sinala Francisco Xosé Fernández Naval no texto introdutorio escrito hai dúas décadas para esta obra, forma unha “unidade” xunto con «Ruído» e «En concreto», coa cidade herculina como trasfondo.

Colección: Arte
Edad recomendada: Lectores expertos
Páginas: 112
Tamaño: 22 x 22
ISBN: 978-84-1343-313-4