Exteriores do paraíso

Atxaga, Bernardo Traducción: Xubín, Isaac

Neste libro hai fábulas agudas e iluminadas, versos libres e imaxinativos, relatos melancólicos e cómicos que dan mostra do talento de Atxaga para hibridar xéneros, transitar entre linguas, harmonizar o divino e o humano. Fotografía de cuberta: Xosé Ballesteros

“Exteriores do paraíso. Escritos cómicos e tristes” é un libro inusual, e o lector viaxará por el como por unha paisaxe onde conviven formas e materias que ao raro ir xuntas. Á narración melancólica séguelle o poema que fai rir, ou o relato dunha lectura pública singular; ao apuntamento autobiográfico, unha extravagante conferencia sobre literatura ou un texto sobre as contradicións dun namorado por mor da súa afección á pizza. Máis aló da súa variedade, as páxinas deste libro, de estrutura ordenada e clara, comparten un mesmo fondo. Volven unha e outra vez sobre o Amor, o Medo e a Morte, os temas que, desde a primeira gripe de Adán –sinal do seu afastamento do paraíso, acompañan a todas as persoas deste mundo.

“Exteriores do paraíso. Escritos cómicos e tristes” será un libro esencial na extensa e recoñecida obra de Bernardo Atxaga.
Leer más
Leer menos
17,00 €

Otros idiomas: