As tres curuxiñas

Waddell, Martin Benson, Patrick Traducción: Sandra e Óscar Senra Gómez

Onde está mamá? Vai volver, di a curuxiña grande. Si, di a mediana. Quero a miña mamá, di a menor de todas. Máis de 25 anos contemplan esta tenra historia sobre o que senten os nenos cando botan en falta o adulto que os quere e coida deles.

Cúmprense 25 anos dende a edición orixinal de “As tres curuxiñas”, un exitoso e tenro álbum para primeiros lectores construído arredor da inquedanza de tres pequenas aves que pousan, pensan e agardan o regreso da súa nai. A irmá maior, o irmán mediano e a pequena de todos atópanse sós de noite e descoñecen o motivo da súa ausencia, que cada un interpreta á súa maneira: a maior tratando de atopar unha explicación lóxica, o mediano dándolle a razón á primera, e a cativa reclamando insistentemente a presenza da mamá. O relato de Martin Waddell permite apreciar o paso do tempo e a evolución no estado de ánimo das curuxiñas: a inseguridade, a preocupación, o instinto de protección e responsabilidade de quen exerce como irmá maior... As ilustracións de Patrick Benson acentúan a empatía dos lectores ao representar a atmosfera tenebrosa da fraga, a expresividade xestual dos irmáns nos primeiros planos, as múltiples perspectivas visuais e os planos aéreos.

Non falta o sentido do humor nesta historia a través do xogo de tamaños e das estruturas repetitivas. Dende o punto de vista dos lectores, a obra -que foi traducida a moitas linguas- reflicte á perfección o que senten os meniños cando botan en falta o adulto que os quere e os coida.
Leer más
Leer menos
16,00 €