A avoa adormecida
Antes de durmir, a avoa cociñaba, lía e contaba contos; logo deu en facer cousas estrañas... Un fermoso libro para todas as avoas e avós que esquecen, para todos os nenos e nenas que coidan dos seus avós e avoas.
“A avoa adormecida” presenta con sensibilidade, tenrura e cercanía, a estreita relación entre un neno e a súa avoa, que cae enferma. O ton poético do texto complétase cunhas sinxelas ilustracións de cores suaves feitas con lapis, acuarela e pastel. Destaca a sutileza coa que Roberto Parmeggiani -evocando a súa propia memoria sentimental- narra o proceso da doenza: dende que os protagonistas compartían tempo, lecturas e agarimo cando a afección aínda non se manifestara, pasando polos primeiros síntomas e o letargo do sono irreversible que o neto compensa a base de compañía; ata un desenlace con forma de conto... João Vaz de Carvalho recorre a fermosas metáforas visuais para representar o tránsito do tempo, a perda, a ausencia e o recordo.
Este relato atemporal transcorre nun espazo familiar, lonxe do ambiente frío e impersoal de hospitais e residencias. Transmite emoción, serenidade e amor. É unha sincera homenaxe a unha figura fundamental na infancia de todo ser humano: as avoas e os avós.

Otros idiomas:
Colección: Obras de autor/a
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 40
Tamaño: 18,5 x 28
ISBN: 978-84-8464-914-4