As aventuras de Pinocho
Como a moitos rapaces, a Pinocho, gústalle facer trasnadas, desobedecer os maiores e estudar o menos posible. Tamén, como a case todos, gústalle facer o que lle vén en gana e despreocuparse das consecuencias. Pero Pinocho non é un rapaz como os demais...
A Pinocho gústalle facer trasnadas, desobedecer e estudar o menos posible. Tamén, como a case todos os nenos, facer o que lle peta e non preocuparse das consecuencias. Pero Pinocho non é un neno coma os demais. Nin sequera é un neno; é un monicreque. Pero un monicreque feito dun pau enmeigado. Un monicreque moi traste! Pinocho é unha das figuras indispensables na historia da literatura infantil. Escrito por Carlo Collodi e ilustrado por Roberto Innocenti, este clásico universal relata as penas e as alegrías dun monifate que, polo seu egoísmo e mal comportamento, padece todo tipo de desgrazas: queima os pés, é colgado na póla dunha árbore, utilizado como gardián dun galiñeiro... Animado pola promesa de converterse nun “neno de verdade”, acabará cambiando a súa actitude. Non será tarde de máis?
O exquisito detallismo das imaxes sitúa os lectores ante a historia como testemuñas de excepción, facéndoas partícipes -con minuciosa precisión- de cada momento narrado. Innocenti recréase en reproducir, de forma extremadamente fiel ao texto, ambientes dispares: o barullo das rúas, a serenidade da paisaxe natural, espazos reais e imaxinarios... A fluidez narrativa é unha das principais cualidades da obra de Collodi, mesturando realidade e fábula, con suspense, maxia e sensibilidade.
As mans de Geppetto modelan a Pinocho, que non é un boneco inanimado: ademais de bailar, facer esgrima e dar saltos, ten sentimentos. O Grilo falante e a Nena dos cabelos azuis guiarano polo bo camiño. Nas súas aventuras, Pinocho poderá reencontrarse co seu creador e terá a oportunidad de facer realidade o seu soño: ser humano.
“As aventuras de Pinocho” é unha obra de arte pola súa calidade literaria, a riqueza de perspectivas e o simbolismo das ilustracións. KALANDRAKA contribúe a manter a vixencia deste personaxe polo que non pasa o tempo e que segue cativando os lectores.

Otros idiomas:
Colección: Clásicos contemporáneos
Edad recomendada: A partir de 6 años
Páginas: 200
Tamaño: 21,5 x 29
ISBN: 978-84-8464-578-8
Premios : Premio Andersen - 2008 (Ilustrador)