A volta ao mundo

Alonso, Juan Ramón Villafañe, Javier Traducción: Nicolás, Iago

Iago sae da casa no seu triciclo, disposto a dar a volta ao mundo. Unha aventura de estrutura acumulativa que pon en valor o poder da imaxinación.

Hai grandes aventuras que esperan ao cabo da rúa, o único que se precisa é un pouco de imaxinación. Santiago sae da casa no seu triciclo, disposto a dar a volta ao mundo. Durante o seu percorrido van sumándose un bo número de animais que se converten nos seus compañeiros de viaxe: un can, un gato, un coello, unha formiga, unha vaca, pero tamén un elefante, un cabalo, unha xirafa... Axudándose uns a outros descobren pequenos detalles, reais e ficticios, do mundo que os arrodea. Unha vez completada a volta ao quinteiro -todo un universo que explorar- chega o momento de despedirse... Kalandraka recupera esta obra de Javier Villafañe e Juan Ramón Alonso, Premio Austral Infantil en 1985, unha historia de estrutura acumulativa con ilustracións en técnica mixta, lapis de cor e acuarela, que achegan gran calidez e dinamismo a este relato.
Leer más
Leer menos
16,00 €

Otros idiomas: