A señora A e o señor Z

Durán, Teresa Roldán, Gustavo Traducción: Ballesteros, Xosé

Unha historia sobre a convivencia e as relacións humanas co sentido do humor e a fina ironía de Teresa Duran e Gustavo Roldán.

Como lle di o doutor á señora A, “é moi triste terlle alerxia ás cores”. Sorte que esta peculiar dona ten como veciño o señor Z, un famoso pallaso que -con insólitos e coloridos trucos- trata de curar a súa alerxia cromática, que non só lle provoca uns desagradables efectos na saúde, senón que lle condiciona todos os aspectos da vida cotiá: o seu fogar, o seu vestiario, su alimentación e incluso su mascota. 


Cun texto que destaca pola expresividade narrativa, o ton coloquial e unha sutil ironía, Teresa Duran propón unha historia chea de humor arredor da convivencia, das relacións humanas e da superación dos medos, cos conceptos opostos como telón de fondo: a primeira e a última letra do alfabeto que dan nome aos protagonistas, o contraste entre a sobriedade do branco e negro fronte á alegría das cores na súa plenitude, representados por un personaxe circense; a vecindad entre persoas que viven arriba e abaixo… Nesta sociedade individualista, «A señora A e o señor Z» amosa que a empatía e a solidariedade teñen un poder transformador. 


Co seu inconfundible estilo, as ilustracións de Gustavo Roldán -a base de pluma e acuarela- remiten ao cómic e ao cine mudo, tamén en clave cómica: o movemento dos personaxes a través da páxina, as onomatopeas, os trazos caricaturescos… O relato visual avanza dende as escenas monocromáticas que recordan o Op Art cara a unha progresiva policromía, cun final aberto que é toda unha declaración de intencións.

Leer más
Leer menos
14,00 €

Otros idiomas: