A historia do Rainbow Warrior
A profecía dos indios Cree augurou un tempo en que homes e mulleres de todo o mundo se unirían como guerreiros do arco da vella para defender o planeta e as súas especies da contaminación e das agresións ambientais.
		En 1978 un barco coas cores do arco da vella comezou a sucar os mares e océanos para denunciar a caza indiscriminada de baleas e de focas, a contaminación provocada polos residuos tóxicos e radiactivos, as explotacións petrolíferas e de gas, o uso de redes mortíferas para especies mariñas indefensas… Houbo países sensibles a esas protestas e aprobaron leis que axudaron a que o mundo fose máis habitable. Pasaron 21 anos dende que aquel primeiro Rainbow Warrior fose afundido no fondo das augas e convertido en arrecife artificial. A súa réplica actual mantén a súa causa tan vixente coma o primeiro día. 
Rocío Martínez ideou este libro a partir da recreación dunha escena familiar: o ecoloxista Alberto de la Fuente Galeano contáballe á súa filla a historia do buque, que debe o seu nome a unha profecía dos indios Cree: “Chegará un tempo no que os paxaros caerán do ceo, os animais dos bosques morrerán, o mar ennegrecerá e os ríos correrán envelenados. Nese tempo, homes de todas a razas e poblos uniranse como guerreiros do arco da vella para loitar contra a destrucción da Terra".
Greenpeace aprobou a realización da obra e certificou que cumpre os requisitos do proxecto “Libro Amigo dos Bosques”, porque na súa elaboración utilizouse papel fabricado a partir de madeira procedente de plantacións ambientalmente sostibles.
Dende o punto de vista estético, Rocío Martínez amosou neste traballo unha evolución cualitativa na súa traxectoria artística, con imaxes de moita plasticidade, cun manexo elegante da cor e cunha gran delicadeza de trazos.
	
Otros idiomas:
                            Colección: Obras de autor/a
                                        Edad recomendada: A partir de 6 años   
                                        Páginas: 36
                                        Tamaño: 27 x 21
                                        ISBN: 978-84-8464-671-6
                    
                                         Premios : SELECCIÓN OS MELLORES (Banco do Libro de Venezuela) -2010