29 historias disparatadas

Wölfel, Ursula Bruguera, Neus Traducción: Susana Fernández de Gabriel e Franck Meyer

Relatos cheos de enxeño e imaxinación para viaxar a un mundo de moitas cores e formas onde todo é posible. Mesmo o máis inverosímil.

Entre as virtudes literarias de Ursula Wölfel sobresae o sentido do humor co que abordaba as pequenas historias cotiás nas que os personaxes -tanto animais como persoas- son os protagonistas de situacións cómicas e sorprendentes. A súa imaxinación movíase no terreo do nonsense, captando a atención do público con disparatadas ocorrencias. A escritora frustrada que foi campioa de afiar lapis, a historia da familia que non paraba de discutir ata quedar conxelada, o comportamento surrealista do home tan extremadamente ordenado que recollía a mesa antes de xantar, as anécdotas sobre unha estraña enfermidade contaxiosa ou a (in)existencia do enigmático Plantocox son algunhas das historias disparatadas que debuxarán sorrisos nas lectoras e nos lectores.

Novidosas e atrevidas, as ilustracións de Neus Bruguera reforzan o efecto sorprendente das narracións. A súa proposta gráfica é sintética e simbólica, de composición limpa, cun estilo que enlaza a poesía visual co deseño, a través de colaxes que logran un equilibrio perfecto entre textos e imaxes.

Con “29 historias disparatadas” continúa a serie iniciada con “27 historias para tomar a sopa” e “28 historias para rir”.
Leer más
Leer menos
15,00 €