Xoguetes

Rubio, Antonio Villán, Óscar Traducción: Manuela Rodríguez

Dende o ruxerruxe dos bebés á pelota, os tacos de madeira ou os contos… Obxectos utilizados polas nenas e os nenos para o seu desevolvemento sensorial, psicomotriz e intelectual, a socialización e o entretemento.  

A colección 'Do berce á lúa' está dirixida a nenas e nenos de 0 a 3 anos de idade, para quen se deseñaron especialmente estes pictogramas poéticos ou poegramas; un termo acuñado para designar unha modalidade de poesía pictográfica baseada na busca dun ritmo de lectura que axude a «educar o ollo e adozar o oído» do pequeno lector, explica o poeta Antonio Rubio. Óscar Villán -Premio Nacional de Ilustración 1999- elabora a proposta estética destes oito libros. O seu traballo é artesanal, con pinceladas e tonalidades de cor facilmente apreciables, ata o punto de que as texturas poden case palparse. O debuxo, que resalta sobre un fondo claro, é sinxelo e recoñecible. Coa achega -literaria e plástica- de ambos creadores, o papel de KALANDRAKA consiste en harmonizar as partes, orientalas no proceso creativo e procede á edición final.

Canto ao contido, cada exemplar da colección Do berce á lúa é «un exercicio poético de gran sinxeleza e forza musical». Así, o neno ou nena aprende como se le de esquerda a dereita, de arriba abaixo, e que o paso das páxinas é o devir dos versos.

Dada a menor importancia da grafía, as imaxes adquiren toda a forza comunicativa. Son imaxes lexibles, que se articulan de igual modo que as palabras, coas súas sílabas contadas. Imaxes que se dispoñen á maneira dos versos; ordeadas, medidas, con ritmo e rima final. Imaxes que poden ser lidas de forma autónoma dende a idade máis temperá.
Leer más
Leer menos
9,50 €
Libros relacionados
Comprueba los artículos para añadir a la cesta o