Unha historia fantástica
Unha vaca sedenta cruza a estrada cando pasa unha camioneta cos freos avariados. Que podería saír mal? Un álbum divertido e brillante, unha historia disparatada que se resolve grazas á creatividade e á actitude positiva.
“Unha historia fantástica” é unha aventura delirante que presenta unha realidade de obxectos partidos pola metade, que propicia aos máis pequenos a posibilidade de facer os seus primeiros xogos de palabras. As ilustracións están realizadas a partir de obxectos tridimensionais, que parecen saír das páxinas. Bruno Heitz, escritor e ilustrador francés, residente en Saint-Rémy de Provence, creou un álbum diferente, a partir dunha "historia fantástica", unhas pezas de madeira e uns personaxes cómicos. Desde o primeiro momento, adivíñase unha traxedia: un granxeiro cunha furgoneta que non frea ben e unha vaca que ten sede e debe cruzar a estrada para chegar ao río. Vaca e furgoneta, partidas en anacos, caen espalladas polos arredores, pero o granxeiro, nin lento nin preguizoso, decide montar un puzzle cos restos do accidente, e co torso da vaca e o remolque da camioneta constrúe un curioso vehículo, que nin corre moito, nin dá bo leite (agás para quen aprecie o sabor a gasolina).
Con todo, nun golpe de sorte, atópanse cunha cabra que está a ser devorada por un lobo. E o granxeiro, facendo uso da súa imaxinación e a súa habilidade, logra ensamblar o torso da vaca e os cuartos traseiros da cabra: naceu a ‘Vacabra’. Quedou sen camioneta, pero co diñeiro que lle dá o bo queixo que obtén do seu híbrido, compra unha moito mellor. O máis rechamante do álbum, en forma de colaxe, é que mestura a pintura con figuras de madeira. Deste modo, xunto cos fondos planos, encontrámonos con personaxes e obxectos que case sobresaen do papel.
Alén disto, outra característica das ilustracións é a súa carga onomatopeica, con elementos de cómic, que dan moita máis forza se cabe ao elemento visual. O cal, unido a unha historia cómica e absurda, compón un álbum moi divertido e esteticamente brillante.

Otros idiomas:
Colección: Obras de autor/a
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 48
Tamaño: 22 x 22
ISBN: 978-84-1343-279-3