Tartaruga vs. Lebre. O desquite
Unha transgresora versión da fábula clásica que nos propón un desenlace diferente, no que tanto a perseveranza como a intelixencia xogan un importante papel.
«Tartaruga vs. Lebre. O desquite» é unha versión transgresora, humorística e divertida da fábula que protagonizan o máis lento e o máis veloz dos animais campestres. David Pintor propón desmitificar o relato que, desde tempo inmemorial, forma parte do imaxinario colectivo a través do legado de autores clásicos como Esopo, La Fontaine ou Samaniego. Esta revisión amosa unha lebre desconforme coa derrota e que volve retar o seu rival. Nesta ocasión, as lectoras e os lectores convértense en espectadores da intrahistoria desta mítica carreira para descubrir que a tartaruga non só é un emblema da perseveranza, da constancia e da determinación para conseguir un obxectivo, senón que, para logralo, tamén é necesario aplicar a intelixencia… e algún que outro truco.
A lebre quedara perplexa ao ver que a tartaruga cruzara antes a meta, pero o seu asombro vai en aumento en posteriores desafíos cada vez que descobre os métodos que utiliza este pícaro réptil para intentar adiantala. Fronte a unha lebre farfallana que presume da súa rapidez, a tartaruga móstrase serena e ocorrente, sorteando as regras con alternativas enxeñosas e sorprendentes.
Ante a brevidade do texto, de formato dialogado, as ilustracións sustentan un maior peso narrativo. Destacan pola expresividade dos personaxes e o dinamismo das escenas, acentuado polos trazos áxiles e o uso de recursos visuais procedentes do cómic.
14,00 €
Otros idiomas
Más información sobre el libro
- Colección
- Obras de autor/a
- Edad recomendada
- A partir de 4 años
- Páginas
- 40
- Tamaño
- 22 x 22
- ISBN
- 978-84-1343-227-4

