"Ganapán das palabras", de Pepe Cáccamo e María Xosé Fernández

KALANDRAKA cumpre 18 anos de traxectoria editorial este 2 de abril, data na que se conmemora o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Con este motivo, vén de publicar unha edición especial de “Ganapán das palabras”, dos autores galegos Pepe Cáccamo e María Xosé Fernández, recuperando os orixinais dun álbum que saíu por primeira vez do prelo en 1998, no ano de fundación da editorial.

KALANDRAKA elixiu este obra para botar unha ollada ás súas orixes e sorprender os lectores de hoxe cun álbum creado para o público infantil de onte, pero que aínda segue vixente: cinco palabras aventureiras caen nun espello e vólvense do revés, nun xogo de rimas e de versos.

A celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil terá unha trascendencia especial en Santiago de Compostela, onde a XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura “Contos para despois da chuvia” ábrese ao público familiar cunha sesión de contacontos e música, mañá sábado a partir das 12:00 horas na Galería Sargadelos.

Convertidas nun pequeno museo, as estancias deste histórico edificio acollen unha exposición das ilustracións de “Despois da chuvia”, de Miguel Cerro, gañador do VIII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado; “A lúa de Xoán”, de Carme Solé Vendrell; “Cadros dunha exposición”, de Xosé Cobas; e “Balea”, de Federico Fernández e Germán González.

XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura

FEIRA DE BOLOÑA

En vésperas do inicio da Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, do 4 ao 7 de abril, KALANDRAKA prepara a súa participación neste prestixioso encontro profesional ao que acoden editores, axentes literarios, libreiros, bibliotecarios, autores e ilustradores de todo o mundo. KALANDRAKA organizou a presentación da edición italiana de tres libros: “La nonna addormentata” co escritor Roberto Parmeggiani, “Orecchie di farfalla” co ilustrador André Neves e “Il viaggio della mamma” coa autora Mariana Ruiz Johnson.

Xunto con eles, polo stand de KALANDRAKA na Feira do Libro de Boloña tamén pasarán creadores da LIX actual como Gabriel Pacheco, Paloma Valdivia, Arianna Papini, Marco Somà, Chiara Carrer, Guia Risari ou Vanina Starkoff.

OUTROS ACTOS

Ademais, haberá actividades festivas arredor do Día do Libro Infantil e Xuvenil noutras cidades: este venres a libraría LIBROS PARA SOÑAR de Vigo e o ESPACIO KALANDRAKA de Madrid organizan senllas sesións de contacontos para homenaxear o escritor Hans Christian Andersen, polo aniversario do seu nacemento, un 2 de abril de 1805.

Os Libros para Soñar de KALANDRAKA tamén están presentes no XVII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, do 1 ao 23 de abril.

As librarías Abracadabra de Barcelona e El Petit Tresor de Vic reciben a autora de “A viaxe de mamá”: Mariana Ruiz Johnson viaxa dende Bos Aires para presentar o seu novo libro tralo éxito de “Mamá”, co que gañou o VII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. E paralelamente, a localidade sevillana de Tomares celebra a súa Feira do Libro, na que KALANDRAKA participa cun stand propio.


 

XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura

KALANDRAKA cumple 18 años de trayectoria editorial este sábado 2 de abril, fecha en la que se conmemora el Día Internacional del Libro Infantil y Juvenil, en homenaje al escritor danés Hans Christian Andersen por su natalicio. La Feria Internacional del Libro Infantil y Juvenil de Bolonia y la XVI Campaña de Animación a la Lectura de Santiago de Compostela son algunos de los puntos en los que KALANDRAKA estará celebrando su aniversario.

En vísperas del inicio de la Feria de Bolonia, del 4 al 7 de abril, KALANDRAKA prepara su participación en este prestigioso encuentro profesional al que acuden editores, agentes literarios, libreros, bibliotecarios, autores e ilustradores de todo el mundo. KALANDRAKA ha organizado la presentación de la edición italiana de tres libros: “La nonna addormentata” con el escritor Roberto Parmeggiani, “Orecchie di farfalla” con el ilustrador André Neves e “Il viaggio della mamma” con la autora Mariana Ruiz Johnson.

Junto con ellos, por el stand de KALANDRAKA en Bolonia también pasarán creadores de la LIJ actual como Gabriel Pacheco, Paloma Valdivia, Arianna Papini, Marco Somà, Chiara Carrer, Guia Risari o Vanina Starkoff.

XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura

La celebración del Día Internacional del Libro Infantil y Juvenil tendrá una trascendencia especial en Santiago, donde arranca la XVI Campaña Municipal de Animación a la Lectura “Cuentos para después de la lluvia”, que se prolongará hasta el 14 de mayo.

Convertidas en un pequeño museo, las estancias del histórico edificio Sargadelos acogen una exposición de las ilustraciones de “Después de la lluvia”, de Miguel Cerro, ganador del VIII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado; “La luna de Juan”, de Carme Solé Vendrell; “Cuadros de una exposición”, de Xosé Cobas; y “Balea”, de Federico Fernández y Germán González.

OTROS ACTOS

Además, la librería especializada LIBROS PARA SOÑAR de Vigo y el ESPACIO KALANDRAKA de Madrid organizan sendas sesiones de cuentacuentos para recordar el legado literario de Andersen y festejar la mayoría de edad de la editorial. Los cuentos de KALANDRAKA también estarán presentes en el XVII Salón del Libro Infantil y Juvenil de Pontevedra.

Por su parte, las librerías Abracadabra de Barcelona y El Petit Tresor de Vic reciben a la autora de “El viaje de mamá”: Mariana Ruiz Johnson viaja desde Buenos Aires para presentar su nuevo libro tras el éxito de “Mamá”, con el que ganó el VI Premio Internacional Compostela. Y paralelamente, Tomares celebra su Feria del Libro, en la que KALANDRAKA participa con un stand propio.


 

 

XVI CAMPAÑA DE ANIMACIÓN LECTORA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA: INAUGURACIÓN

XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura

XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura

XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura

XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura

 

 

["Teño uns pés perfectos": María Solar e Gusti]

Sesión de contacontos e música, con Patricia González e Álex Fente

XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura

XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura

XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura

["Balea": exposición de ilustracións e instalacións artísticas]

 

Taller de ilustración, impartido por Pablo Otero

XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura

XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura

Taller de escrita, con Alberto Barreiro

XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura

XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura