"En Argentina estamos muy atentos tanto a lo que publica KALANDRAKA como a la convocatoria del Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, ya que la primera edición la ganó Natalia Colombo, que también es argentina", ha explicado Rocío Alejandro sobre  el certamen que la ha convertido en la nueva ganadora, diez años después de la puesta en marcha de esta iniciativa en el marco de la Campaña de Animación a la Lectura que organizan el Departamento de Educación del Ayuntamiento de Santiago y KALANDRAKA. "Sabía que era difícil ganar y quería presentarme con algo que valiera la pena", ha añadido. El resultado ha sido La huerta de Simón, publicado en siete idiomas: los cinco peninsulares más inglés e italiano.

"Trata sobre un conejo que no tiene plantado nada más que sus zanahorias pero a lo largo de la historia van apareciendo otros personajes que plantean sus demandas de cultivar otros vegetales y Simón tiene que vérselas con ellos para decidir si acepta o no las propuestas de los demás", señala Rocío sobre el hilo argumental de la obra. Su lectura va más allá de una temática que a primera vista aborda la convivencia, la tolerancia, la generosidad o el trabajo colectivo. La naturaleza y la biodiversidad también están presentes en el mensaje que proyecta: "En mi país el monocultivo está haciendo estragos y aunque La huerta de Simón es un libro infantil, se ve cómo a medida que van creciendo otros vegetales, aparecen además animales que de otra manera no tendrían ahí su lugar", añade la autora.

La huerta comunitaria del barrio bonaerense de San Isidro, donde reside, ha sido su fuente de inspiración: "Es una experiencia muy linda, valía la pena contarla". Desde el punto de vista gráfico, la paleta de colores se ha reducido a los tonos negros y anaranjados; una sencillez que contrasta con la complejidad de la laboriosa técnica elegida para desarrollar el libro, a base de sellos elaborados artesanalmente a partir de una goma especial modelada con gubias, y que posteriormente entintaba y aplicaba sobre el papel, para su tratamiento informático posterior. 

Hija y nieta de gallegos, esta ha sido su segunda estancia en Galicia por un motivo tan relevante como la entrega del X Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, que ahora ya viaja por el mundo, sembrando palabras y sueños.

Cunha representación do xurado do Premio Compostela, o director de Kalandraka, o alcalde e o concelleiro de Educación do Concello de Santiago

Con Xabier P. Docampo, un dos integrantes do xurado, e a súa dona

Con parte do equipo de Kalandraka Editora

"A horta de Simón", entre as obras galardoadas co Premio Internacional Compostela dende a primeira edición

. . . . . . . . . .

"En Arxentina estamos moi atentos tanto ao que publica KALANDRAKA como á convocatoria do Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, xa que a primeira edición gañouna Natalia Colombo, que tamén é arxentina", explicou Rocío Alejandro sobre  o certame que a converteu na nova gañadora, dez anos despois da posta en marcha desta iniciativa no marco da Campaña de Animación á Lectura que organizan o Departamento de Educación do Concello de Santiago e KALANDRAKA. "Sabía que era difícil gañar e quería presentarme con algo que valera a pena", engadiu. O resultado foi A horta de Simón, publicado en sete linguas: as cinco peninsulares máis inglés e italiano.

"Trata sobre un coello que non ten plantado nada máis que as súas cenorias pero ao longo da historia van aparecendo outros personaxes que expoñen as súas demandas de cultivar outros vexetais e Simón ten que decidir se acepta ou non as propostas dos demais", sinala Rocío sobre o fío argumental da obra. A súa lectura vai máis aló dunha temática que a primeira vista aborda a convivencia, a tolerancia, a xenerosidade ou o traballo colectivo. A natureza e a biodiversidade tamén están presentes na mensaxe que proxecta: "No meu país o monocultivo está causando estragos e malia que A horta de Simón é un libro infantil, vese como a medida que van medrando outros vexetais, aparecen animais que doutra maneira non terían aí o seu lugar", engade a autora.

A horta comunitaria do barrio bonaerense de San Isidro, onde reside, foi a súa fonte de inspiración: "É unha experiencia moi fermosa, pagaba a pena contala". Dende o punto de vista gráfico, a paleta de cores reduciuse a tons negros e alaranxados; unha sinxeleza que contrasta coa complexidade da laboriosa técnica elixida para desenvolver o libro, a base de selos elaborados artesanalmente a partir dunha especial modelada con gubias, e que posteriormente entintaba e aplicaba sobre o papel, para o seu tratamento informático posterior.

Filla e neta de galegos, esta foi a súa segunda estancia en Galicia por un motivo tan relevante como a entrega do X Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, que agora xa viaxa polo mundo, sementando palabras e soños.