Acto de entrega do IX Premio Compostela

“Aquel era o derradeiro día de traballo do señor Costas.

O último día de ser o único carteiro en toda a illa.

Naquel tempo non había teléfono nin correo electrónico,

e todas as noticias viaxaban a pé...”

Este xoves 10 de novembro, ás 19:00 horas, celebrarase no Pazo de Raxoi, en Santiago, o acto público de entrega do IX Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado aos autores gregos Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi, creadores da obra titulada UNHA ÚLTIMA CARTA, que KALANDRAKA publica este mes de novembro nas cinco linguas peninsulares. Narra o derradeiro día de traballo dun entrañable carteiro que reparte a correspondencia entre os habitantes dunha illa mediterránea. A visita de Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi tamén inclúe un encontro co alumnado de Bacharelato Artístico do IES do Sar, o mesmo xoves ás 11:00 horas, para amosar o proceso de elaboración deste traballo dende o punto de vista literario e plástico. Ao día seguinte, venres 11 ás 18:30 horas, visitarán a libraría LIBROS PARA SOÑAR de Vigo, onde participarán nunha sesión de animación á lectura para público infantil.

Presentación de "Unha última carta" en Libros para soñar, Vigo

..........

 

"Aquel era el último día de trabajo del señor Costas.

El último día como único cartero de toda la isla.

Era una época en la que no había teléfono ni correo electrónico

y todas las noticias viajaban a pie..."

Este jueves 10 de noviembre, a las 19:00 horas, se celebrará en el Pazo de Raxoi, en Santiago, el acto público de entrega del IX Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado a los autores griegos Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi, creadores de la obra titulada UNA ÚLTIMA CARTA, que KALANDRAKA publica este mes de noviembre en las cinco lenguas peninsulares. Narra el último día de trabajo de un entrañable cartero que reparte la correspondencia entre los habitantes de una isla mediterránea. La visita de Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi también incluye un encuentro con alumnado de Bachillerato Artístico del IES do Sar, el mesmo jueves a las 11:00 horas, para mostrar el proceso de elaboración d este trabajo dedde el punto de vista literario y plástico. Al día siguiente, viernes 11 a las 18:30 horas, visitarán la librería LIBROS PARA SOÑAR de Vigo, donde participarán en una sesión de animación a la lectura para público infantil.

"Una última carta", de Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi (Kalandraka, IX Premio Compostela).