Ata o vindeiro 12 de febreiro LIBROS PARA SOÑAR-A Coruña acolle unha ampla mostra de ilustracións, esculturas e libros ilustrados por Óscar Villán. O nome deste artista plástico vai ligado para sempre á historia de KALANDRAKA, xa que en 1999 o libro “O coelliño branco” gañou o 1º Premio Nacional de Ilustración, que se convertía no primeiro galardón da curta traxectoria que, naquel entón, aínda tiña a editorial, fundada o ano anterior. Ata a actualidade, Óscar Villán segue e seguirá vencellado á editorial: ilustrou outros álbums como “A cebra Camila” e “Amora”, o libro de relatos “O Rei Oso Branco e outros contos marabillosos”, a colección “Do berce á lúa” para prelectores, e títulos como “Un becho estraño” na colección infantil de FAKTORÍA K, ademais de dirixir a colección ‘Alfabetos’ de libros de arte. Unha estreita e frutífera relación que agora se pode visualizar nesta mostra na que Óscar Villán expón diversos traballos da súa autoría, tanto relacionados con KALANDRAKA como con outros proxectos editoriais ou particulares.

Na inauguración da exposición, co lema “Un paseo ilustrado I”, a narradora Patricia González e o músico Álex Fente realizaron unha sesión especial de contos e música, cun repertorio baseado exclusivamente nas historias dos libros ilustrados exclusivamente por Óscar Villán. Tamén o escaparate de LIBROS PARA SOÑAR presenta un aspecto diferente, cunha instalación artística inspirada en “O coelliño branco” na que non falta ningún detalle: a casa do coelliño e a figura do protagonista, a horta e mesmo as coles coas que fai o seu caldiño.

---------------------------------------------

Hasta el próximo 12 de febrero LIBROS PARA SOÑAR-A Coruña acoge una amplia muestra de ilustraciones, esculturas y libros ilustrados por Óscar Villán. El nombre de este artista plástico va ligado para siempre a la historia de KALANDRAKA, ya que en 1999 el libro “El pequeño conejo blanco” ganó el 1º Premio Nacional de Ilustración, que se convertía en el primer galardón de la corta trayectoria que, por aquel entonces, aún tenía la editorial, fundada el año anterior. Hasta la actualidad, Óscar Villán sigue y seguirá vinculado con la editorial: ilustró otros álbumes como “La cebra Camila” y “La mora”, el libro de relatos “El Rey Oso Blanco”, la colección “De la cuna a la luna” para prelectores, y títulos como “Un bicho extraño” en la colección infantil de FAKTORÍA K, además de dirigir la colección ‘Alfabetos’ de libros de arte. Una estrecha y fructífera relación que ahora se puede visualizar en esta muestra en la que Óscar Villán expone diversos trabajos de su autoría, tanto relacionados con KALANDRAKA como con otros proyectos editoriales o particulares.

En la inauguración de la exposición, con el lema “Un paseo ilustrado I”, la narradora Patricia González y el músico Álex Fente realizaron una sesión especial de cuentos y música, con un repertorio basado exclusivamente en las historias de los libros ilustrados exclusivamente por Óscar Villán. También el escaparate de LIBROS PARA SOÑAR presenta un aspecto diferente, con una instalación artística inspirada en “El pequeño conejo blanco” en la que no falta ningún detalle: la casa del conejo y la figura del protagonista, la huerta e incluso las coles con las que hace su caldito.

Coa voz e co acompañamento musical de Patricia e Álex repasamos as historias que levan o inconfundible estilo de Óscar Villán: axudamos o coelliño branco a expulsar do seu fogar á intrusa da cabra cabresa, puxemos a proba a nosa memoria cantando un conto popular sefardí coa melodía composta por Alberto Barreiro ‘Warren’, e descubrimos que misterioso animal se agochaba nas páxinas dun libro.

-----------------------

Con la voz y el acompañamiento musical de Patricia y Álex repasamos las historias que llevan el inconfundible estilo de Óscar Villán: ayudamos al conejo blanco a expulsar de su hogar a la intrusa de la cabra cabresa, pusimos a prueba nuestra memoria cantando un cuento popular sefardí con la melodía compuesta por Alberto Barreiro ‘Warren’, y descubrimos qué misterioso animal se escondía en las páginas de un libro.

http://youtu.be/L7xAjfeYXbw

Óscar Villán adicoulles exemplares dos seus libros aos lectores, con debuxos personalizados. Mesmo Patricia foi partícipe da sesión de autógrafos para recordar así a inauguración da exposición e a súa actuación no contacontos de homenaxe ao ilustrador.

-------------------------

Óscar Villán dedicó ejemplares de sus libros a los lectores, con dibujos personalizados. Y también Patricia fue partícipe de la sesión de autógrafos para recordar así la inauguración de la exposición y su actuación en el cuentacuentos de homenaje al ilustrador.

Óscar Villán é o ilustrador “invitado” desta tempada en LIBROS PARA SOÑAR, e as súas obras ocupan un lugar destacado nos andeis da libraría e no recuncho de lectura. O seu talento artístico non só se reduce ao traballo en dúas dimensións, senón que tamén se poden admirar pequenas figuras escultóricas relacionadas cos personaxes que crea e debuxa.

-----------------------

Óscar Villán es el ilustrador “invitado” de esta temporada en LIBROS PARA SOÑAR, y sus obras ocupan un lugar destacado en los estantes de la librería y en el rincón de lectura. Pero su talento artístico no solo se reduce al trabajo en dos dimensiones, sino que también se pueden admirar pequeñas figuras escultóricas relacionadas con los personajes que crea y dibuja.

“Un paseo ilustrado I” pódese visitar ata o 12 de febreiro, en horario comercial, na libraría LIBROS PARA SOÑAR, no número 64 da Avenida de Fisterra, na Coruña. Tralo seu paso por este espazo, a obra de Óscar Villán trasladarase ao sur de Galicia, para expoñerse en LIBROS PARA SOÑAR-Vigo, no número 1 da Rúa Triunfo. Será a partir do 2 de marzo.

-----------------

“Un paseo ilustrado I” se puede visitar hasta el 12 de febrero, en horario comercial, en la librería LIBROS PARA SOÑAR-A Coruña, en el número 64 de la Avenida de Fisterra. Tras su paso por este espacio, la obra de Óscar Villán se trasladará al sur de Galicia para exponerse en LIBROS PARA SOÑAR-Vigo, en el número 1 de la Calle Triunfo. Será a partir del 2 de marzo.