Os alumnos e alumnas do CEIP Gándara, en Sofán (Carballo), participaron no derradeiro obradoiro de escrita creativa celebrado no marco da Campaña "Cantar e contar" que impulsan a Secretaría Xeral de Política Lingüística e KALANDRAKA. Para mostra do seu talento literario, velaquí os textos de Ánxela, Laura, Alejandro e Uxía.
------------------------
Los alumnos y alumnas del CEIP Gándara, en Sofán (Carballo), participaron en el último taller de escrita creativa celebrado en el marco de la Campaña "Cantar e contar" que impulsan la Secretaría Xeral de Política Linngüística y KALANDRAKA. Para muestra de su talento literario, he aquí los textos de Ánxela, Laura, Alejandro y Uxía.

SOBRE O BICOPATO, ÁNXELA MUÍÑO, DE 6º DE A GÁNDARA ESCRIBIU:

"Zapatoman"
«Zapatoman é unha ave moi pouco coñecida. Vive soamente na selva. Normalmente está agochada no medio das árbores. Acostuma a alimentarse da comida que deixan tirada os visitantes da selva. Esta ave pode camuflarse e converterse en zapato. Tamén poden construir a súa propia cama e durmir exactamente 5 horas ao día. Coma moitas aves, esta ten unha profesión: son grandes modelos que camiñan por pasarelas feitas por outra raza de paxaros. Cando chega a Noiteboa, celébrana indo aos casinos de aves e como premio hai xoias para poñer no pico. Esta é a vida de Zapatoman».

SOBRE O PINGÜITOR, LAURA SOUTO, DE 5º DE A GÁNDARA ESCRIBIU:

"Os Pongueniños"
«Os Pongueniños son uns animais con peteiros negros e corpo branco e negro. Viven no Polo Sur e aliméntanse de xeo. Desprázanse saltando. Durmen na auga e só ao medio día. Como viven en mandas, gústalles xogar ao corro da pataca. Para comunicarse non producen sons, senón que se comunican por telepatía. Son animais moi intelixentes que para defenderse disparan unhas luces coma se fosen láser, pero son luces. Como hai pouco que se descubriron case non se sabe máis deles, pero aínda os están a investigar».

SOBRE A CHAVEÍÑA, ALEJANDRO FRAGA, DE A GÁNDARA ESCRIBIU:

«Onte, un home chamado Francisco descubriu un animal chamado Chaveteiro, unha raza de paxaro que vive nas casas. É moi difícil de ver porque de día é unha chave pero de noite sáenlle ás e abre os ollos. Por iso, ás veces, perdemos as chaves. O Chaveteiro dorme de día, cando o poñen na pechadura da porta. Á noite abre a porta e sae voando. Na cidade entra nas outras casas e xúntase con outros chaveteiros para abrir o supermercado e comer todo o que hai alí. Logo, á mañá, volven ser chaves».

SOBRE O PLATAFIÑO, UXÍA CAAMAÑO, DE 5º DE A GÁNDARA ESCRIBIU:

«Oh! mutación de golfiño
que estás en perigo de extinción,
que te pareces a un prátano
con manchas marróns.

O seu tempo pásao nadando,
a todas horas está xogando.
Xa che falei deste animal,
agora xa non che conto máis».

-----------------------------------------------------------------------------

SOBRE EL PICOPATO, ÁNXELA MUÍÑO, DE 6º DE A GÁNDARA ESCRIBIÓ:

"Zapatoman"
«Zapatoman es un ave muy poco conocida. Vive solamente en la selva. Normalmente está escondida en medio de los árboles. Acostumbra a alimentarse de la comida que dejan tirada los visitantes de la selva. Esta ave puede camuflarse y convertirse en zapato. También pueden construir su propia cama y dormir exactamente 5 horas al día. Como muchas aves, ésta tiene una profesión: son grandes modelos que caminan por pasarelas hechas por otra raza de pájaros. Cuando llega la Nochebuena, la celebran yendo a los casinos de aves y como premio hay joyas para poner en el pico. Esta es la vida de Zapatoman».

SOBRE EL PINGÜITOR, LAURA SOUTO, DE 5º DE A GÁNDARA ESCRIBIÓ:

"Os Pongueniños"
«Los Pongueniños son unos animales con picos negros y cuerpo blanco y negro. Viven en el Polo Sur y se alimentan de hielo. Se desplazan saltando. Duermen en el agua y solo al mediodía. Como viven en manadas, les gusta jugar al corro de la patata. Para comunicarse no producen sonidos, sino que se comunican por telepatía. Son animales muy inteligentes que para defenderse disparan unas luces como si fuesen láser, pero son luces. Como hace poco que se descubrieron casi no se sabe más de ellos, pero todavía se están investigando».

SOBRE LA LLAVECILLA, ALEJANDRO FRAGA, DE A GÁNDARA ESCRIBIÓ:

«Ayer, un hombre chamado Francisco descubrió un animal llamado Llavetero, una raza de pájaro que vive en las casas. Es muy difícil de ver porque de día es una llave pero de noche le salen alas y abre los ojos. Por eso, a veces, perdemos las llaves. El Llavetero duerme de día, cuando le ponen en la cerradura de la puerta. Por la noche abre la puerta y sale voando. En la ciudad entra en otras casas y se junta con otros llaveteros para abrir el supermercado y comer todo lo que hay allí. Luego, por la mañana, vuelven a llaves».

SOBRE EL PLATAFÍN, UXÍA CAAMAÑO, DE 5º DE A GÁNDARA ESCRIBIÓ:

«¡Oh! mutación de delfín
que estás en peligro de extinción,
que te pareces a un plátano
con manchas de color marrón.

Su tiempo lo pasa nadando,
a todas horas está jugando.
Ya te hablé de este animal,
ahora ya no te cuento más».