6ª edición da campaña O Cartafol do Lérez nos colexios de Pontevedra.

Comezaron esta semana nos centros educativos de Pontevedra as actividades da sexta edición da campaña de dinamización lectora O Cartafol do Lérez, que organiza a Concellería de Educación de Pontevedra e coordina KALANDRAKA. No seu transcurso, os escolares van ir elaborando os materiais literarios que conformarán o xornal escolar que xa poderán ler en torno ao Día das Letras Galegas. Textos en galego tan singulares e creativos que fan, precisamente, que O Cartafol do Lérez sexa unha publicación única e moi seguida por toda a comunidade educativa. Non só no formato impreso convencional, senón tamén nunha vistosa versión dixital a través da web www.ocartafoldolerez.org.

6ª edición da campaña O Cartafol do Lérez nos colexios de Pontevedra.

100_7908

Nove colexios van participar nesta iniciativa, unha das que máis demanda teñen por parte do profesorado: Ponte Sampaio, Carballeira (Lourizán), Álvarez Limeses, Marcos da Portela, Santo André de Xeve, Vilaverde (Mourente), Froebel, Marcón e Lérez. En total, 523 alumnos e alumnas de 5º e 6º cursos de Primaria porán en práctica as súas dotes como xornalistas, elaborando pezas que teñen máis de imaxinativo que de informativo. O concelleiro de Educación, Agustín Fernández, visitou hoxe os escolares do CEIP Marcos da Portela.

6ª edición da campaña O Cartafol do Lérez nos colexios de Pontevedra.

6ª edición da campaña O Cartafol do Lérez nos colexios de Pontevedra.

Alén da posta en práctica de novas propostas literarias que van xirar arredor do absurdo e do surrealismo, O Cartafol do Lérez continuará ofrecendo contidos habituais como as entrevistas, que nesta ocasión contarán con personaxes ben coñecidos polos rapaces e rapazas: María Campos e Carlos Yus, do grupo Migallas Teatro, a propósito do seu novo libro-disco, “Pan de millo”; e Pinto & Chinto, autores de “Contos para nenos que dormen deseguida”, que recibiron varios premios por esta obra.

6ª edición da campaña O Cartafol do Lérez nos colexios de Pontevedra.

6ª edición da campaña O Cartafol do Lérez nos colexios de Pontevedra.

Ademais deses dous títulos, a lista de libros que servirán de referencia complétase con “Sálvate Elías!”, “Vilaberzas”, “Astro”, “Os amigos de Archimboldo Roque”, “Comandante Hussi”, “A nube de Martín”, “29 historias disparatadas”, “Non hai escapatoria e outros contos marabillosos”, “A guía necsia”, “Ai, Filomena, Filomena! e outros contos”, “Imaxina animais”, “Almanaque musical” e “¡Me aburro!”. O lote completo pasará a formar parte da biblioteca de cada centro educativo inscrito nas actividades.

6ª edición da campaña O Cartafol do Lérez nos colexios de Pontevedra.

6ª edición da campaña O Cartafol do Lérez nos colexios de Pontevedra.

A partir deles, os escolares participarán activamente nun total de 50 obradoiros de escrita que se irán celebrando sucesivamente en cada centro ata xusto despois do Entroido. Todo estará listo para que os rapaces e rapazas poidan ler unha nova entrega d’O Cartafol do Lérez en vésperas do 17 de maio. Para entón non só recibirán un exemplar do xornal escolar cunha escolma dos traballos realizados, senón que tamén recibirán como agasallo un dos libros da campaña.

6ª edición da campaña O Cartafol do Lérez nos colexios de Pontevedra.

6ª edición da campaña O Cartafol do Lérez nos colexios de Pontevedra.