Libros para Soñar-Vigo

  1. ACTIVIDADES EN GALICIA

    Galicia celebra o Día das Letras Galegas. Letras sen fronteiras que tamén se festexan en Bos Aires, en Oxford ou en Nova York. A figura do poeta Lois Pereiro é a protagonista dunha xornada de exaltación da fala e da literatura que en KALANDRAKA se enxalza o ano enteiro: editando libros, contribuindo á normalización lingüística coa recuperación e tradución de obras senlleiras, asistindo ás principais feiras internacionais do sector, impulsando actividades de animación á lectura...

    Nos últimos días KALANDRAKA apoiou iniciativas lectoras en Ourense e Marín, ás que se suma a presentación de "O meu gato é un poeta", poemas de Fran Alonso con música de Xurxo Souto (Xerais), en LIBROS PARA SOÑAR.

    Lee mas »
  2. FRAN ALONSO E XURXO SOUTO VISITAN LIBROS PARA SOÑAR

    LIBROS PARA SOÑAR recibe este venres 13 de maio, ás 18:30 horas, ao escritor vigués Fran Alonso e mais ao músico Xurxo Souto, que van protagonizar o espectáculo poético-musical “O meu gato é un poeta”, dirixido non só a nenos e nenas a partir de 4 anos, senón tamén a público adulto. Fran Alonso coa súa voz e Xurxo Souto co seu acordeón farán que a poesía se convirta en maxia, música e xogo.

    Lee mas »
  3. LIBROS PARA SOÑAR, DE ANIVERSARIO

    LIBROS PARA SOÑAR vai medrando. Coma os nenos e nenas que dende hai 11 anos levan visitando a libraría, asistindo ás sesións de contacontos, aos obradoiros, aos encontros con autores e ilustradores. E ao tempo que medra, LIBROS PARA SOÑAR enriquece a súa oferta: cursos de formación para adultos, exposicións de ilustración, sesións de contos para bebés, libros de narrativa, arte e poesía que complementan o catálogo de literatura infantil e xuvenil... Cada venres, LIBROS PARA SOÑAR abre a súa porta para que nenos e nenas, nais e pais, a familia en xeral, tamén o profesorado, teñan unha cita coa palabra, coa imaxe, ás veces mesmo coa música. A pasada semana a libraría do Casco Vello vigués celebrou o seu aniversario compartindo con cativos e maiores a satisfacción polo camiño percorrido e a ilusión da andaina que seguimos facendo xuntos. Grazas.

    ----------------------------------------

    LIBROS PARA SOÑAR va creciendo. Como los niños y niñas que desde hace 11 años llevan visitando la librería, asistiendo a las sesiones de cuentacuentos, los talleres, los encuentros con autores e ilustradores. Y al tiempo que crece, LIBROS PARA SOÑAR enriquece su oferta: cursos de formación para adultos, exposiciones de ilustración, sesiones de cuentos para bebés, libros de narrativa, arte y poesía que complementan el catálogo de literatura infantil y juvenil... Cada viernes, LIBROS PARA SOÑAR abre su puerta para que niños y niñas, madres y padres, la familia en general, el profesorado también, tengan una cita con la palabra, la imagen, a veces incluso coa música. La pasada semana la librería del Casco Viejo vigués celebró su aniversario compartiendo con pequeños y mayores la satisfacción por el camino recorrido y la ilusión del itinerario que seguimos haciendo juntos. Gracias.

    Lee mas »
  4. 11º ANIVERSARIO DE 'LIBROS PARA SOÑAR'

     

    LIBROS PARA SOÑAR vén de cumprir o seu 11º aniversario e vaino celebrar cos lectores, ao longo de toda esta semana, con actividades especiais de promoción e de animación á lectura. Para mañá, mércores día 27 ás 17:30 horas, está programada unha sesión de contos para bebés de cero a tres anos. O venres 29 ás 18:30 horas, os nenos e nenas a partir de catro anos serán os protagonistas da sesión habitual de animación á lectura, na que se sortearán varios lotes de libros. Durante estes días, tamén se van aplicar descontos pola compra de libros.

    Unha das novidades que incorpora a libraría para intensificar a súa relación cos lectores, é a creación da páxina LIBROS PARA SOÑAR en Facebook. Coa súa incorporación ás redes sociais, LIBROS PARA SOÑAR dótase dunha ferramenta máis para seguir contribuindo ao dinamismo comercial do Casco Vello vigués.

    Lee mas »
  5. CONTOS CON MÚSICA PARA BEBÉS

    http://www.youtube.com/watch?v=IUWdq6jj26Y 

    LIBROS PARA SOÑAR acollerá mañá mércores, a partir das 17:30 horas, unha nova sesión de contos para bebés de 0 a 3 anos de idade, que vai contar coa participación da multiinstrumentista buenense Nébeda Piñeiro, que acompañará as narracións a ritmo de acordeón. Os relatos de “Pequena Lúa”, de Elzbieta, “Lúa”, de Antonio Rubio e Óscar Villán, e “Onde?”, de Leo Lionni, forman o repertorio desta actividade, coa que se pretende achegarlles o libro e a lectura dende a primeir

    Lee mas »
  6. CURSO DE TEATRO-FORO EN LIBROS PARA SOÑAR CON FEITORÍA VERDE

    Trátase dunha metodoloxía innovadora en Galicia para solventar conflictos mediante a aplicación de técnicas de participación social baseadas na dramaturxia

    LIBROS PARA SOÑAR acollerá este mes de marzo un curso de iniciación ao teatro-foro que vai impartir o colectivo galego de educación e participación socioambiental Feitoría Verde. Trátase dunha metodoloxía innovadora e de recente implantación en Galicia, indicada para a resolución de conflictos nas aulas dos centros de ensino, problemáticas asociadas ao funcionamento interno das asociacións, situacións de violencia ou de desvantaxe social, conflictos de xénero, problemas laborais ou accións de promoción do consumo responsable. As sesións, que son abertas á participación do público en xeral, celebraranse do 14 ao 17 de marzo en horario de 17:00 a 20:00 horas.

    As sesións de teatro-foro comezan cunha representación teatral de 10 a 15 minutos de duración

    Lee mas »
  7. LIBROS PARA SOÑAR RETOMA AS SESIÓNS DE CONTACONTOS

    LIBROS PARA SOÑAR retomará mañá venres, a partir das 18:30 horas, as sesións habituais de animación á lectura para público infantil e xuvenil. A programación desta nova tempada vai comezar centrada en libros sobre solidariedade e multiculturalidade, con motivo do Día Escolar pola Paz e a Non Violencia, que se celebra este vindeiro 30 de xaneiro. “Bailar nas nubes”, da autora e ilustradora arxentina Vanina Starkoff e editado por KALANDRAKA, foi finalista do III Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado 2010. Trátase dun libro cun enfoque multidisciplinar: por unha banda, aboga pola convivencia e o respecto entre persoas de diferente procedencia; por outra, reflexiona sobre as relacións sociais e a compaña fronte ao aillamento individual e a soidade. 

    Lee mas »
  8. PRESENTACIÓN DE 'NA PUNTA DO PÉ' EN LIBROS PARA SOÑAR

    http://www.youtube.com/watch?v=axTg2zC-Sx8

    "NA PUNTA DO PÉ" é o título do primeiro traballo musical de Pesdelán. Un libro-cd-dvd que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués dun xeito divertido e participativo. Disposto a recuperar a cultura participativa das festas, este curioso grupo pretende que o público -cativos e maiores- se poña a bailar. A obra, editada en Galicia e mais en Portugal (“Pezinhos de lã”) por K

    Lee mas »
  9. CONDOLENCIAS

    Dende KALANDRAKA enviamos unha agarimosa aperta á familia de María del Mar Ameijeiras, de Barafunda Animación, colaboradora da libraría LIBROS PARA SOÑAR. A súa perda, nun tráxico accidente, déixanos tristes e orfos do entusiasmo e da vitalidade desta compañeira e amiga. A nosa solidariedade cos seus achegados e a nosa lembranza imborrable para ela.

    --------------------

    Desde KALANDRAKA enviamos un cariñoso abrazo a la familia de María del Mar Ameijeiras, de Barafunda Animación, colaboradora de la librería LIBROS PARA SOÑAR. Su pérdida, en un trágico accidente, nos deja tristes y huérfanos del entusiasmo y la vitalidad de esta compañera y amiga. Nuestra solidariedad con sus allegados y nuestro recuerdo imborrable para ella.

    Lee mas »
  10. SESIÓN PARA BEBÉS EN LIBROS PARA SOÑAR

    A animación á lectura é un dos piares de LIBROS PARA SOÑAR, a libraría especializada en Literatura Infantil e Xuvenil do Casco Vello vigués. Ante a carencia de actividades específicas para a primeira infancia, LIBROS PARA SOÑAR puxo en marcha hai dous anos un programa estable de sesións de contos para bebés de cero a tres anos de idade. Mañá mércores, a partir das 17:30 horas, celebrarase a primeira sesión da nova tempada, que continuará quincenalmente, o 3 e o 17 de novembro e o 1 de decembro, á mesma hora.

    ------------------------------------

    La animación a la lectura es uno de los pilares de LIBROS PARA SOÑAR, la librería especializada en Literatura Infantil y Juvenil del Casco Antiguo vigués. Ante la carencia de actividades específicas para la primera infancia, LIBROS PARA SOÑAR puso en marcha hace dos años un programa estable de sesiones de cuentos para bebés de cero a tres años de edad. Mañana miércoles, a partir de las 17:30 horas, se celebrará la primera sesión de la nueva temporada, que continuará quincenalmente, el 3 y el 17 de noviembre y el 1 de diciembre, a la misma hora.

    Lee mas »
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia de navegación, y ofrecer contenidos y publicidad de interés. Para obtener más información, consulta nuestra Política de Cookies. Puedes configurar o rechazar las cookies pulsando en el botón configurar cookies.