Política de privacidade


Dende KALANDRAKA EDITORA, S.L. entendemos que é esencial manter unha relación transparente contigo. Por iso, a continuación, presentámosche a nosa Política de privacidade para que, en todo momento, esteas debidamente informado/a sobre como recompilamos e xestionamos de forma segura calquera dato que nos facilites. Os teus datos serán tratados de conformidade coa lexislación vixente e, en concreto, de acordo ao establecido no Regulamento Xeral de Protección de Datos (RGPD) (UE) 2016/679, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas, no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos. Tamén no referente á Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais. Unha lectura detida da nosa Política de privacidade achegarache a información necesaria para coñecer que destino lle daremos aos datos que nos proporciones.

 

1 QUEN É RESPONSABLE DO TRATAMENTO DOS TEUS DATOS?

 

Se ti, ou unha persoa autorizada, nos facilitaches os teus datos, informarémoste de que KALANDRAKA EDITORA, S.L., con CIF ESB36302024 é responsable do tratamento dos mesmos. Estes datos serán tratados de conformidade co disposto nas normativas vixentes sobre protección de datos persoais.

É posible que existan outros/as responsables nos tratamentos que realizamos; nese caso, sempre informaremos de quen é responsable do tratamento dos mesmos, así como dos seus datos de identificación.

Dende KALANDRAKA EDITORA, S.L. comprometémonos ao cumprimento da obriga de segredo dos datos de carácter persoal e do seu deber de gardalos. Para iso, adoptamos as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado de acordo co establecido no Regulamento.

 

2 ONDE INFORMAMOS?

 

Dende KALANDRAKA EDITORA, S.L. informamos a través da páxina web www.kalandraka.com, no apartado correspondente á Política de privacidade. Máis información en Aviso legal.

 

3 QUE DATOS PERSOAIS TRATAMOS?

 

Os datos persoais que tratamos son:

-Aqueles que ti decidas facilitarnos voluntariamente
-Os datos derivados das comunicacións que manteñas connosco.
-A información correspondente á túa propia navegación no caso de servizos online (dirección IP ou información derivada de cookies ou dispositivos similares; podes ver a nosa Política de cookies na web).
-Aquela información que se atope dispoñible en fontes accesibles ao público, á que lexitimamente poidamos acceder.
-Os datos que se deriven da relación contractual ou precontractual que manteñas connosco, incluída a túa imaxe, informándote sempre, neste caso, da posibilidade de captar a túa imaxe.
-Os que terceiras persoas nos proporcionen sobre ti, existindo unha base lexítima para iso ou obtendo o teu consentimento para iso.
-Os datos de terceiros/as que ti nos facilites, previo consentimento do/a terceiro/a en cuestión.

 

4 COMO TRATAMOS OS DATOS?

 

En KALANDRAKA EDITORA, S.L. tratamos os teus datos persoais sempre con estrito cumprimento da lexislación vixente. Ademais, informámoste de que contamos coas medidas técnicas e organizativas adecuadas para garantir un nivel óptimo de seguridade, garantindo con iso que só accederán aquelas persoas que teñan autorización, que os manteremos íntegros, evitando calquera perda intencionada ou accidental, e que reforzamos os sistemas e servizos de tratamento de datos.

As operacións, xestións e procedementos técnicos que realizamos de forma automatizada ou non automatizada, e que posibiliten a recollida, almacenamento, modificación, transferencia e outras accións sobre datos de carácter persoal, teñen a consideración de tratamento de datos persoais.

 

5 CAL É A LEXITIMACIÓN DO TRATAMENTO?

 

A base da lexitimación do tratamento de datos persoais será a que resulte da relación contractual ou precontractual, da relación laboral ou de calquera outra que se requira para o tratamento de datos, tales como o consentimento expreso.

 

6 COMO XESTIONAMOS AS COMUNICACIÓNS ELECTRÓNICAS?

 

No caso de recibir comunicacións por estes medios (correos electrónicos, mensaxes de resposta automatizada de formularios e outros sistemas de comunicación) informámoste de que as mensaxes se dirixen exclusivamente ao seu destinatario/a e pode conter información privilexiada ou confidencial. Se non es o/a destinatario/a indicado/a, notificámosche que a utilización, divulgación e/ou copia sen autorización está prohibida, en virtude da lexislación vixente.

De conformidade co establecido na Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, e da Directiva 2002/58/CE, informámoste que, no suposto de que non desexes recibir comunicacións e informacións de índole comercial mediante este sistema de comunicación electrónica, nolo notifiques por esta mesma vía indicando no asunto "BAIXA COMUNICACIÓNS COMERCIAIS" para que os teus datos persoais sexan dados de baixa na nosa base de datos. A túa solicitude será accionada nun prazo de 10 días dende o seu envío. No suposto de que non recibamos contestación expresa pola túa parte, entenderemos que aceptas e autorizas que a nosa entidade siga realizando as referidas comunicacións.

 

7 CANTO TEMPO CONSERVAMOS OS TEUS DATOS?

 

Os datos persoais relativos a persoas físicas que, dende KALANDRAKA EDITORA, S.L., recompilamos por calquera medio, conservaranse mentres o/a interesado/a non solicite a súa supresión. Así mesmo, conservaranse mentres se manteña a relación que orixinou o tratamento dos datos, respectando, en calquera caso, os prazos legais de conservación. Concluído este período, os datos persoais serán eliminados de todos os sistemas de KALANDRAKA EDITORA, S.L.

 

8 OS TEUS DATOS SERÁN COMUNICADOS A TERCEIROS/AS?

 

Non haberá cesión, transmisión ou transferencia de datos persoais, agás as xa informadas, que non sexan a consecuencia dunha obriga legal. Se, por requerimento da Administración Pública ou das Institucións Autonómicas no eido das funcións que a lei lles atribúa expresamente, se nos solicitan os teus datos, estes serán transmitidos.

De existir unha cesión, transmisión ou transferencia de datos persoais fóra dos casos anteriormente previstos, serás previamente informado/a para que, se procede, nos prestes o teu consentimento.

Pero, para poder organizarnos correctamente, ter boas operativas e procedementos que garantan unha boa xestión, dende KALANDRAKA EDITORA, S.L. pode ser necesario ter que contratar servizos de asesoría, profesionais ou doutras empresas de servizos para tratar datos baixo as nosas indicacións.

Este tratamento, por conta de terceiros/as, está regulado nun contrato que consta por escrito, ou dalgunha outra forma legalmente admitida e que permita acreditar a súa celebración e contido, especificando expresamente que o/a encargado/a do tratamento xestionará os datos conforme ás nosas instruccións e non os aplicará ou usará cun fin distinto ao que figure en dito contrato; nin os comunicará, nin sequera para a súa conservación, a outras persoas.

 

9 CALES SON OS TEUS DEREITOS?

 

A normativa de protección de datos confíreche os seguintes dereitos:

-Dereito a revocar calquera consentimento prestado previamente.
-Dereito de acceso: coñecer que tipo de datos se están tratando e as características do tratamento que se leva a cabo.
-Dereito de rectificación: poder solicitar a modificación dos datos que sexan inexactos ou non veraces.
-Dereito de portabilidade: poder obter unha copia en formato interoperable dos datos que estean sendo tratados.
-Dereito á limitación do tratamento nos casos que se considere que non é necesario.
-Dereito de cancelación: solicitar o cesamento da xestión dos datos e a súa supresión cando xa non sexa necesaria a súa conservación.

Se desexas máis información con respecto ao tratamento dos teus datos, rectificar aqueles que sexan inexactos, opoñerte e/ou limitar algún tratamento que consideres que non é necesario, ou solicitar a cancelación do tratamento cando os datos xa non sexan necesarios, podes dirixirte por escrito a KALANDRAKA EDITORA, S.L. en R/ Pastor Díaz, 1, 4º B, 36001 - Pontevedra ou mediante correo electrónico a infoweb@kalandraka.com.

-Dita comunicación deberá reflectir a seguinte información: nome e apelidos do/a usuario/a, petición de solicitude, domicilio e datos acreditativos.
-O exercicio de dereitos deberá ser realizado polo/a propio/a usuario/a. Non obstante, poderán ser executados por unha persoa autorizada como representante legal do/a autorizado/a. En tal caso, deberase achegar a documentación que acredite esta representación do/a interesado/a.

Así mesmo, queremos informarte de que podes retirar o consentimento prestado sen que iso afecte á licitude do tratamento xa realizado, enviando a túa solicitude ao mesmo enderezo indicado no parágrafo anterior. Neste caso, deberás acompañar á túa solicitude a copia do teu DNI ou documento acreditativo da túa identidade.

Recordámosche, ademais, que tes dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) se consideras infrinxidos os teus dereitos: Protección de Datos. R/ Jorge Juan, 6 28001 - Madrid - Fax: 914483680 - Telf: 901 100 099 - email: ciudadano@agpd.es

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia de navegación, y ofrecer contenidos y publicidad de interés. Para obtener más información, consulta nuestra Política de Cookies. Puedes configurar o rechazar las cookies pulsando en el botón configurar cookies.