Libros para Soñar-Vigo

  1. CON BONI OFOGO: 'UNA VIDA DE CUENTO'

     

    ...Tomar la palabra! Es el lema del narrador camerunés Boniface Ofogo, autor del álbum “El león Kandinga”, que recorre toda nuestra geografía y viaja incluso a otros países proclamando la importancia de la oralidad y contando cuentos tradicionales africanos. En su paso por la librería Libros para Soñar de Vigo no se encontró con niños y niñas ávidos de historias, sino con adultos que querían conocer cómo se transmitía esa herencia mágica e inmaterial: “Todas las noches, en mi casa, a falta de luz y de televisión, hacíamos veladas en torno al fuego, a base de cantos, cuentos, leyendas, epopeyas, proverbios, mitos... durante horas y horas”, explicó Boni

     

    En su reciente estancia por Galicia también visitó un centro escolar de A Coruña, donde tuvo la oportunidad de acercarse hasta la librería Libros para Soñar de la Avenida de Fisterra. Pero sin duda, donde más intensos fueron el recibimiento y los aplausos fue en el colegio San Narciso, en Marín, donde Boni compartió con varios grupos de escolares de Educación Primaria los recuerdos de su niñez en la Ecole Publique de Baliama, curiosidades sobre Camerún, y cuentos, muchos cuentos!

     

    ---------------------------

     

    ...Tomar a palabra! É o lema do narrador camerunés Boniface Ofogo, autor do álbum “O león Kandinga”, que percorre toda a nosa xeografía e viaxa mesmo a outros países proclamando a importancia da oralidade e contando contos tradicionais africanos. No seu paso pola libraría Libros para Soñar de Vigo non se atopou con nenos e nenas ávidos de historias, senón con público adulto que quería coñecer como se transmitía esa herdanza máxica, ancestral e inmaterial: “Todas as noites, na miña casa, a falta de luz e de televisión, faciamos veladas arredor do lume, a base de cantos, contos, lendas, epopeas, proverbios, mitos... durante horas e horas”, explicou Boni.

     

    Na súa recente estancia por Galicia tamén visitou un centro escolar da cidade da Coruña, onde non perdeu a ocasión de achegarse ata a a libraría Libros para Soñar da Avenida de Fisterra. Pero sen dúbida, onde máis intenso foron o recibimento e os aplausos foi no colexio San Narciso, en Marín, onde Boni compartiu con varios grupos de escolares de Educación Primaria as lembranzas da súa nenez na Ecole Publique de Baliama, curiosidades sobre Camerún e contos, moitos contos!

     

    Lee mas »
  2. EXPOSICIÓN DE KVETA PACOVSKÁ EN LIBROS PARA SOÑAR

     

    Coa súa cuberta de vinilo transparente, a curiosidade é a primeira emoción que suscita “Hasta el infinito”. Que hai detrás dun minimalista e enigmático collage de formas circulares e poligonais feitas de cartón branco? Kveta Pacovská dálles a benvida aos lectores deste libro peculiar: “Las letras: arquitectura del placer”, un enunciado que nos abre a porta a un mundo dominado pola cor, a xeometría, o tacto, a orde e o caos, o continente e o contido, a materia e o baleiro. As vocais e as consoantes convértense nos personaxes humanizados ou cousificados dunha historia que se constrúe na imaxinación de cada un. De súpeto, as páxinas troqueladas invítannos a percorrer cos dedos os ocos que deixaron as letras que fuxiron do papel, na procura da liberdade. Outras páxinas son destellos de luz, espellos nos que a realidade se reflicte dunha forma difusa e enigmática. Entón, xorde do corazón do libro unha estrutura en tres dimensións: unha máscara de entroido, un refuxio das palabras, unha escultura do alfabeto. O aire habita no interior desta obra; cólase por grandes aberturas ou por pequenos buraquiños dispostos ao azar, creando sons rebuldeiros que se impregnan da pátina brillante que adorna algúns recunchos. A viaxe vai rematando nos números, que desafían as leis da gravidade, que practican o xogo da matemática fantástica, e da que resultan contas onde calquera resultado é válido. É entón cando descubrimos marabillados que “Hasta el infinito”, como di o seu título, non ten final, porque acaba onde tamén pode comezar outra vez. E repetimos!

     

    Ata o 28 de febreiro, exposición da obra de Kveta Pacovská na libraría Libros para Soñar de Vigo (r/ Triunfo, 1) e ata o 12 de marzo na libraría Libros para Soñar da Coruña (Avda. Fisterra, 64). Actividade incluida no marco do Festival de Literatures i Arts Infantil i Juvenil FLIC que se organiza dende Cataluña.

     

     

    Con su cubierta de vinilo transparente, la curiosidad es la primera emoción que suscita “Hasta el infinito”. ¿Qué hay detrás de un minimalista y enigmático collage de formas circulares y poligonales hechas de cartón blanco? Kveta Pacovská les da la bienvenida a los lectores de este libro peculiar: “Las letras: arquitectura del placer”, un enunciado que nos abre la puerta a un mundo dominado por el color, la xeometría, el tacto, el orden y el caos, el continente y el contenido, la materia y el vacío. Las vocales y las consonantes se convierten en los personajes humanizados o cosificados de una historia que se construye en la imaginación de cada uno. De repente, las páginas troqueladas nos invitan a recorrer con los dedos los huecos que dejaron las letras que huyeron del papel buscando la libertad. Otras páginas son destellos de luz, espejos en los que la realidad se refleja de una forma difusa y enigmática. Entonces, surge del corazón del libro una estructura en tres dimensiones: una máscara de carnaval, un refugio de las palabras, una escultura del alfabeto. El aire habita en el interior de esta obra; se cuela por grandes aberturas o por pequeños agujeros dispuestos al azar, creando sonidos traviesos que se impregnan de la pátina brillante que adorna algunos rincones. El viaje va terminando en los números, que desafían las leyes de la gravedad, que practican el juego de la matemática fantástica, y de la que resultan cuentas donde cualquier resultado es válido. Es entonces cuando descubrimos maravillados que “Hasta el infinito”, como dice su título, no tiene final, porque acaba donde también puede comenzar otra vez. ¡Y repetimos!

     

    Hasta el 28 de febrero, exposición de la obra de Kveta Pacovská en la librería Libros para Soñar de Vigo (r/ Triunfo, 1) y hasta el 12 de marzo en la librría Libros para Soñar de A Coruña (Avda. Fisterra, 64). Actividad incluida en el marco del Festival de Literatures i Arts Infantil i Juvenil FLIC que se organiza desde Cataluña.

     

    Lee mas »
  3. PÍO, PÍO... EN VIGO, EN MADRID...

     

    ARTUR” foi o protagonista da recente sesión de contacontos en LIBROS PARA SOÑAR de Vigo. A adaptadora de contos tradicionais Olalla González e mais o ilustrador do álbum, Marc Taeger, foron os mestres de cerimonias da presentación deste libro de cartón con recantos redondeados, dirixido aos primeiros lectores. Non foi nada doado retratar este poliño porque, como ben explicou Marc, alguén estivo algunha vez dentro dun ovo?

    Pero o enérxico “pío, pío” de Artur non só se sentiu no Casco Vello vigués. Artur viaxou durante o fin de semana e, co autor do relato, Xosé Manuel González ‘Oli’, chegou ata o colexio público Los Jarales de Las Rozas, e a libraría infantil El Dragón Lector, en Madrid.

    ---------------------

    ARTURO” fue el protagonista de la reciente sesión de cuentacuentos en LIBROS PARA SOÑAR de Vigo. La adaptadora de cuentos tradicionales Olalla González y el ilustrador del álbum, Marc Taeger, fueron los maestros de ceremonias de la presentación de este libro de cartón con esquinas redondeados, dirigido a primeros lectores. No fue nada fácil retratar a este pollito porque, como bien explicó Marc, alguien estuvo alguna vez dentro de un huevo?

    Pero el enérgico “pío, pío” de Arturo no solo se sintió en el Casco Vello vigués. Arturo viajó durante el fin de semana y, con el autor del relato, Xosé Manuel González ‘Oli’, llegó hasta el colexio público Los Jarales de Las Rozas, y la librería infantil El Dragón Lector, en Madrid.

    Lee mas »
  4. PRÓXIMAS ACTIVIDADES EN LIBROS PARA SOÑAR DE VIGO E A CORUÑA

    O vindeiro VENRES 14 DE OUTUBRO, a partir das 18:30 HORAS, celébranse dúas actividades simultáneas nas librarías LIBROS PARA SOÑAR da Coruña e de Vigo.

    Na Coruña, o artista plástico Pablo Otero presenta o seu último traballo: as ilustracións do libro “Contos por teléfono” (KALANDRAKA), do gran mestre e pedagogo italiano Gianni Rodari. As ilustracións de Pablo Otero están expostas na libraría e pódense visitar ata finais deste mes en hora

    Lee mas »
  5. ESCAPARATE POÉTICO Y MUSICAL EN LIBROS PARA SOÑAR

    Una paleta, pinceles y pinturas, el lienzo y el caballete... un pájaro llega revoloteando hasta Libros para Soñar. Y se abre un libro. En sus páginas asoman los delicados versos de Jacques Prévert y las ilustraciones multicolor de Mordicai Gerstein.

    ------------------------

    Unha paleta, pinceis e pinturas, o lenzo e o cabalete... un paxaro chega revoando ata Libros para Soñar. E ábrese un libro. Nas súas páxinas asoman os delicados versos de Jacques Prévert e as ilustracións multicolor de Mordicai Gerstein.

    Pintar también el verde follaje

    y el frescor del viento,

    el polvillo del sol

    y el zumbido de los insectos en el calor del verano, y después esperar a que el pájaro se decida a cantar.

    Para hacer el retrato de un pájaro”: J. Prévert / M. Gerstein (FAKTORÍA K)

    ................................

    Pintar tamén a verde follaxe

    e o frescor do vento,

    a poeira do sol

    e o zoar dos insectos na calor do verán,

    e despois esperar a que o paxaro se decida a cantar.

    Para facer o retrato dun paxaro”: J. Prévert / M. Gerstein (FAKTORÍA K)

    .............................................

    Pintar também a verde folhagem

    e a frescura do vento,

    a poeira do sol

    e o zumbido dos insectos no calor do Verão,

    e depois esperar que o pássaro se decida a cantar.

    Para fazer o retrato de um pássaro”: J. Prévert / M. Gerstein (KALANDRAKA) 

    Lee mas »
  6. ESCAPARATE DE 'NICANOR' EN LIBROS PARA SOÑAR

    Sandra Senra e Carmela Sieiro, as libreiras de Libros para Soñar, son as artífices dun orixinal, simpático e adorable escaparate adicado ao libro “O Señor Don Nicanor”, de Ana Fernández-Abascal e Flavio Morais, editado por FAKTORÍA K. Un minitelevisor ‘customizado’ e oitenteiro, a silueta expresiva e pícara do protagonista deste conto rimado, e os detalles da estética ‘pop’ que abundan neste álbum, destacan nesta montaxe. O Señor Don Nicanor asómase ás rúas de Vigo para lembrarnos...

    “...Que película tan mala! Será mellor apagala.

    E como non dá parado, colle un libro de contado”.

    PD: artigos sobre Libros para Soñar nos blogs Mi Libroketa e A bit of everything. Grazas.

    ------------------------------

    Sandra Senra y Carmela Sieiro, las libreras de Libros para Soñar, son las artífices de un original, simpático y adorable escaparate dedicado al libro “El Señor don Nicanor”, de Ana Fernández-Abascal y Flavio Morais, editado por FAKTORÍA K. Un minitelevisor ‘customizado’ y ochentero, la silueta expresiva y pícara del protagonista de este cuento rimado, y los detalles de la estética ‘pop’ que abundan en este álbum, destacan en este montaje. El Señor Don Nicanor se asoma a las calles de Vigo para recordarnos...

    “...¡Qué película tan mala! Será mejor apagarla.

    Y para estar más contento, se puso a leer un cuento”.

    PD: artículos sobre Libros para Soñar en los blogs Mi Libroketa y A bit of everything. Gracias.

    Lee mas »
  7. 'LIBROS PARA SOÑAR' NA FEIRA DO LIBRO DE VIGO

    Lee mas »
  8. CLAUSURA DE 'SOÑOS ILUSTRADOS'

    Unha sesión de contacontos organizada polo equipo de animación á lectura de LIBROS PARA SOÑAR foi o broche final na clausura da exposición “Soños Ilustrados: Kalandraka, 12 anos de álbum galego” que se puido visitar no Espazo EMAO da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. A adaptadora de contos Olalla González acompañou os pasos de nenos e maiores cruzando a ponte cos “Chibos chibóns” pequeno, mediano e grande. Tamén compartiron as aventuras do audaz “Garavanciño” a través do bosque. E o artista plástico Ramón Trigo, que participaba na mostra coas ilustracións de “As luces que se acenden e se apagan” e “O burato do inferno”, debuxou o retrato do seu amigo, “O pirata Pata de Lata”, recén chegado a porto tras percorrer os sete mares na procura de emocións e fortuna.

    ------------------------------

    Una sesión especial de cuentacuentos organizada por el equipo de animación a la lectura de LIBROS PARA SOÑAR fue el broche final en la clausura de la exposición “Sueños Ilustrados: Kalandraka, 12 años de álbum gallego” que se pudo visitar en el Espacio EMAO de la Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. La adaptadora de cuentos Olalla González acompañó los pasos de niños y mayores cruzando el puente con los “Chivos chivones” pequeño, mediano y grande. También compartieron las aventuras del audaz “Garbancito” a través del bosque. Y el artista plástico Ramón Trigo, que participaba en la muestra con las ilustraciones de “Las bombillas que se encienden y se apagan” y “La cueva del infierno”, dibujó el retrato de su amigo, “El pirata Pata de Lata”, recién llegado a puerto tras recorrer los siete mares en busca de emociones y fortuna.

    Lee mas »
  9. 'ARROLOS DE SALITRE' EN LIBROS PARA SOÑAR (II)

    Non podería haber mellor broche de ouro na derradeira sesión de contos para bebés desta tempada. Os músicos Xabier Díaz e Guillerme Fernández visitaron LIBROS PARA SOÑAR para interpretar algunhas pezas do disco “Arrolos de salitre”. Músicas e voces que encandilaron a alma de cativos e maiores, que acariñaron os sentidos e deixaron un pouso de dozura. Palabras de mel rescatadas da tradición oral, envoltas nos acordes máxicos da guitarra de Guillerme e no son acolledor do acordeón de Xabier. As sesións de contos (e cantigas) para bebés regresarán en outubro a LIBROS PARA SOÑAR. Grazas a todos e todas pola compaña entusiasta, polas lecturas e os soños compartidos.

    ----------------------------

    No podría haber mejor broche de oro en la última sesión de cuentos para bebés de esta temporada. Los músicos Xabier Díaz y Guillerme Fernández visitaron LIBROS PARA SOÑAR para interpretar algunas piezas del disco “Arrolos de salitre”. Músicas y voces que encandilaron el alma de

    Lee mas »
  10. 'ARROLOS DE SALITRE' EN LIBROS PARA SOÑAR

    Os músicos Xabier Díaz e Guillerme Fernández van ser os invitados especiais da sesión de bebés de mañá, mércores 1 de xuño, a partir das 17:30 horas en LIBROS PARA SOÑAR. Presentarán o seu disco “Arrolos de salitre”, unha compilación de once cantigas de berce tradicionais e novas composicións creadas para meniños e meniñas, do que van interpretar unha escolma de temas ao son da guitarra e do acordeón.

    Lee mas »
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia de navegación, y ofrecer contenidos y publicidad de interés. Para obtener más información, consulta nuestra Política de Cookies. Puedes configurar o rechazar las cookies pulsando en el botón configurar cookies.