O blog de PALABRAS NO AR ofrece un divertido xogo de adiviñas elaboradas polos escolares do CEIP Santo Paio de Abaixo, cos animais acuáticos e aéreos que habitan na ría. Esta proposta didáctica, baseada na colección “Pequechos” de FAKTORÍA K, xurdiu nun obradoiro de oralidade realizado cos alumnos e alumnas de 5º curso de Educación Primaria. O video anima a atinar no maior número posible de acertixos e, segundo o resultado, medir o nivel de coñecemento do habitat mariño.

Segundo a puntuación obtida, PALABRAS NO AR proponvos os seguintes consellos:

-De 16 a 20 puntos: Noraboa! Sodes uns grandes expertos na ría e nos seus habitantes. Seguide estudando e chegaredes moi lonxe.

-De 11 a 15 puntos: Ben, parece que coñecedes bastante o mundo mariño. Pero seguide a ler e a observar, descubriredes moito máis…

-De 6 a 10 puntos: Aínda que sabedes algúns animais da ría, non vos viría mal un paseíño por ela de cando en vez… E mellor coa marea baixa!

-De 0 a 5 puntos: Perigo! Se obtivestes esta puntuación, apagade urxentemente o ordenador e marchade cos vosos amigos, pais, avós, tíos… a visitar a ría ou o mercado máis próximo.

PALABRAS NO AR no Ceip Santo Paio de Baixo (imaxe tomada do blog da biblioteca)

PALABRAS NO AR no Ceip Santo Paio de Baixo (imaxes tomadas do blog da biblioteca)

A campaña PALABRAS NO AR, unha iniciativa de KALANDRAKA no marco do programa Bocaberta da Secretaría Xeral de Política Lingüística, completarase neste concello coa emisión dun programa diario na frecuencia de Radio Redondela, na semana do 30 de novembro ao 4 de decembro. O blog da Biblioteca do CEIP Santo Paio de Abaixo tamén recolle o paso de PALABRAS NO AR por este centro, ao que felicitamos polo seu interesante traballo docente.